Cantas bibliotecas hai na USC?
Hai unha única biblioteca con diferentes puntos de servizo nos campus de Santiago e Lugo. Ver listado
Como e onde podo informarme sobre o funcionamento da biblioteca e os seus servizos?
Dirixíndote ao persoal de calquera das bibliotecas; visitando o sitio web; ou utilizando o formulario de contacto
Que horario teñen as bibliotecas?
Como norma xeral o horario é de luns a venres de 8.30h a 21.30h. Algunhas bibliotecas abren sábados, domingos e festivos de 10h a 19.30h. Ver páxina de horarios
Existen horarios extraordinarios?
Si, durante períodos de exames. Estes horarios publícanse no seu momento na páxina web da BUSC e nas redes sociais nas que participa a biblioteca.
Quen pode consultar os fondos e utilizar os servizos da BUSC?
Os servizos da BUSC están dirixidos aos membros da comunidade universitaria (alumnos, profesores e PAS) e usuarios autorizados.
Como podo conseguir o carné da biblioteca?
Para os membros de USC, a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) funciona como carné de biblioteca. Só haberá que dala de alta no mostrador de préstamo de calquera biblioteca.
Se non é membro da USC pero cumpre os requisitos que a biblioteca esixe para ser usuario externo, pode solicitar a carta de lector da BUSC no mostrador de préstamo de calquera das bibliotecas previa presentación dunha foto, DNI, e a documentación que acredite que cumpre os requisitos.
Para dar de alta a TUI ou facer a carta de lector, teño que acudir á biblioteca do meu centro?
Non, pode facelo en calquera das bibliotecas da USC.
Durante canto tempo é valida a carta de lector?
A TUI terá validez mentras que o usuario manteña a súa vinculación coa Universidade pero terá que activala cada ano nos mostradores de préstamo. O carné de lector expedido pola biblioteca terá validez durante o período que esta estableza que, por norma xeral, é dun curso académico renovable.
Teño que renovar a carta de lector cada curso?
Si, en calquera dos mostradores de préstamo.
Se non son membro da USC podo ser usuario externo da biblioteca e utilizar os seus fondos e servizos?
As bibliotecas poden expedir pases temporais para consultas ocasionais, xustificadas, dos fondos. Estes pases non dan dereito a facer uso do préstamo a domicilio.
Hai que pagar algo por utilizar os servizos da biblioteca?
En xeral, os servizos son gratuítos, agás Préstamo Interbibliotecario, Reprografía e saídas impresas de bases de datos. Consultar tarifas.
Podo utilizar os servizos (lectura en sala, préstamo, etc.) de bibliotecas de centros distintos de onde estou matriculado/a?
Si, a Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) e as cartas de lector, proporcionan acceso aos fondos e servizos da BUSC na súa totalidade, en todo os seus puntos de servizo e nas condicións que se especifiquen en cada un deles.
Cales son os meus dereitos como usuario da BUSC?
Cales son as miñas obrigas como usuario da BUSC?
En que consiste o préstamo a domicilio?
É un servicio que permite levar libros a domicilio por un período de tempo e condicións variables en función do tipo de usuario e das características dos fondos.
Quen pode utilizar o préstamo a domicilio?
Todos os usuarios debidamente acreditados pola TUI ou pola carta de lector expedida pola biblioteca.
Para acceder ao servicio de préstamo necesito alguna identificación?
Si, a TUI ou a carta de lector expedida pola biblioteca.
Pódense sacar libros coa TUI ou tarxeta doutro usuario?
Non, os documentos son persoais e intransferibles
Que tipo de documentos se poden levar a domicilio?
Aqueles que no catálogo figuran co "tipo consulta":
Podo levar en préstamo só os libros que estean na biblioteca da miña facultade ou tamén os de calquera outra biblioteca?
Como fago para pedir un préstamo?
As obras que no catálogo teñen “tipo consulta” PRESTAMO CURTO non se poderán solicitar mediante este servizo.
Cantos libros e canto tempo podo telos na casa?
As condicións variarán segundo o tipo de usuario e do tipo de documento. Na normativa de préstamo detállanse todas as casuísticas.
Ten algún coste pedir un libro en préstamo?
Non.
Podo renovar o préstamo dun libro que teño na casa?
Si, sempre que non estea solicitado por outro usuario.
Como fago para renovar un préstamo?
Pode renovalo na web da BUSC, a través do seu rexistro de usuario, ou persoalmente, dirixíndose ao mostrador de calquera biblioteca.
Cantas veces podo renovar un préstamo?
Pode renovalo dúas veces, sempre que non estea solicitado por outro usuario.
Podo reservar libros que están prestados a outros usuarios?
Si, a reserva pode facerse nos mostradores de préstamo ou, se é membro da USC, a través do sitio web da BUSC.
Como podo saber que documentos teño en préstamo, cando teño que devolvelos, etc.?
Consultando o seu rexistro de usuario dende a páxina principal do catálogo da BUSC. Ademais, a través do seu correo electrónico recibirá avisos de que os libros que levou en préstamo están próximos a vencer, de que a súa reserva foi recibida, ou de que xa venceu o período de préstamo.
Se o documento que necesito non o hai na BUSC, podo pedilo a outra biblioteca?
Si, utilizando o servizo de Préstamo interbibliotecario.
Quen pode utilizar o servizo de Préstamo interbibliotecario?
Calquera que o solicite.
Hai que pagar algo por utilizar o servizo de PI?
Si. Os prezos están aprobados polo Consello de Goberno da USC. Consultar tarifas.
Como solicito os documentos a través do servizo de PI?
Calquera persoa pode utilizar todos estes métodos, agás o formulario electrónico de solicitude, de uso exclusivo para membros da USC.
Como sei que xa se recibiu o documento solicitado?
O servizo de PI enviaralle un correo electrónico comunicándolle a recepción do documento.
Podo levar á casa os libros solicitados a través do PI?
Non. Deberá consultalos na biblioteca no espazo ou sala que lle indiquen e durante un plazo de tempo que normalmente é de un mes.
A quen me dirixo para consultar calquera dúbida sobre a biblioteca e os seus servizos?
En todas as bibliotecas da BUSC existe un servizo de información no que o persoal bibliotecario poderá aclararlle calquera cuestión relacionada cos servizos bibliotecarios e recursos de información.
A quen me dirixo para consultar as dúbidas sobre o manexo do catálogo, bases de datos, revistas electrónicas,…?
En todas as bibliotecas da BUSC existe un servizo de información no que o persoal bibliotecario poderá axudarlle manexo dos recursos.
A quen me dirixo se teño problemas con uso da credencial, o correo electrónico da USC, o cambio de contrasinal, ou o acceso aos servizos restrinxidos a membros da USC na web?
Os alumnos dispoñen de soporte integral hardware e software nas Aulas de Informática. No caso dos docentes, investigadores e PAS a comunicación das incidencias pode facerse:
Como me poño en contacto co servizo de información?
Dirixíndose persoalmente o servizo de Información de cada centro, por teléfono con cada unha das bibliotecas ou a través do formulario de contacto.
Hai que pagar algo por utilizar os servizo de información?
As consultas relacionadas co funcionamento e servizos da biblioteca son gratuítas para todos os usuarios.
A consulta dos diferentes recursos de información, é gratuíta para os usuarios que forman parte da comunidade universitaria. Aos usuarios que non pertenzan á USC aplicaránselles as tarifas aprobadas pola Xunta de Goberno da USC.
Existe formación de usuarios na BUSC?
Si. A biblioteca ofrece un plan de formación dirixido a afondar no coñecemento dos servizos bibliotecarios e dos recursos de información.
Como podo inscribirme nun curso de formación?
A través da páxina de Localización e contacto de cada biblioteca.
Como podo acceder á oferta formativa?
Pode consultar a oferta formativa no sitio web, no calendario de cursos, onde se especifican o contido, o centro e as datas de realización.
Existe posibilidade de solicitar unha formación a medida?
Si, poden solicitar formación a medida estudiantes, profesores ou investigadores, sobre os recursos de información, servizos, temas ou ferramentas de traballo do seu interese. Deberán poñerse en contacto coa biblioteca para perfilar os contidos do curso, calendario, infraestructura tecnolóxica requerida...
Podo encargar fotocopias na Biblioteca?
Tanto as fotocopias de material impreso como as copias impresas a partir de microformas, serán realizadas polos propios usuarios nas instalacións da biblioteca. O fondo antigo e obras especialmente valiosas ou delicadas só poden ser reproducidos en formato dixital. Pódese encargar á biblioteca copia dixital ou reprodución impresa da mesma de acordo ás tarifas vixentes. Tamén poden ser fotografiados polo usuario co seu propio equipo.
Podo utilizar ordenadores da Biblioteca para o meu traballo persoal?
Podo utilizar o meu portátil na biblioteca?
Quen pode empregar a rede sen fíos da USC?