Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Biblioteca  »  Recursos  »  bX Hot Articles

bX Hot Articles

bX Hot Articles

 

bX Hot Articles é un servizo gratuíto que achega aos nosos móbiles o TOP-TEN dos artigos académicos nas áreas de ciencia, empresa, dereito, medicina, enfermaría, psicoloxía, ciencias sociais e todos os campos académicos máis relevantes.

O seu algoritmo de relevancia baséase no cruce de información sobre as tendencias de uso de múltiples institucións e millóns de investigadores  de todo mundo.

bX Hot Articles axuda a permanecer ao corrente dos avances que se producen en cada campo de investigación e facilitará a exploración científica permitindo:

  • Ver que artigos académicos foron máis populares entre os investigadores de cada campo nas últimas semanas.
  • Chegar ao texto completo en formato electrónico (sempre que estea dispoñible e sempre que sexa dende o dominio usc.es ou a través do proxy).
  • Enviar a referencia dos artigos por correo electrónico.
  • Recibir unha notificación cada vez que a lista se actualiza.

 

Instrucións para instalar nun dispositivo móbil

 

  • A Biblioteca
  • Información xeral
  • Recursos electrónicos
  • Servizos
  • Blogs, redes, RSS...

  • Compartir: