Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Biblioteca  »  Recursos  »  Google Académico

 Google Académico

 

scholar_logo_md_2009     

 

 

Que é Google Académico?

Google Académico permite buscar bibliografía especializada dun xeito sinxelo. Dende un único sitio podes realizar buscas nun gran número de disciplinas e fontes como, por exemplo, estudos revisados por especialistas, teses, libros, resumos e artigos procedentes de fontes como editoriais académicas, sociedades profesionais, repositorios, universidades, etc.

Características de Google Académico

  • Buscar en diversas fontes dende un único sitio
  • Atopar traballos académicos, artigos, autores, resumos e citas
  • Localizar o documento a texto completo a través da túa biblioteca ou na rede. Os recursos electrónicos subscritos pola BUSC déronse de alta en Google académico polo que, se entre os resultados da busca hai algún cuxo texto completo se atope na BUSC, saíra unha mensaxe indicándoo así, sempre que a busca se faga dende o dominio usc.es. Tamén pode configurarse para ver os recursos da BUSC dende fóra do dominio usc.es
  • Manterte ao día dos recentes desenvolvementos en calquera área de investigación
  • Comprobar quen está a citar as túas publicacións e crear un perfil de autor público.

Como se clasifican os artigos?

Google Académico ordea os resultados da túa busca por orde de relevancia, así, o mesmo que sucede coas buscas web en Google, as referencias máis útiles aparecen ao inicio da páxina. A tecnoloxía ranking de Google considera o texto completo de cada artigo, así como o autor, onde foi publicado e con que frecuencia cítase noutras fontes especializadas.

Que inclúe Google académico?

Artigos de revistas e conferencias, teses, libros académicos, pre-prints, resumos, informes técnicos e outra literatura académica de calquera área de investigación. Inclúe traballos dunha ampla variedade de editoriais académicas, sociedades profesionais e repositorios de universidades, así como artigos académicos dispoñibles en calquera parte da rede.

Inclúe editoriais como Pubmed, Jstor, Elsevier...?

Normalmente, si. Google académico indiza traballos, artigos e resumos de investigación da meirande parte dos máis importantes repositorios e editoriais académicas de todo o mundo. A mellor forma de comprobar a cobertura de Google académico dunha fonte específica é buscar un exemplo dun dos seus artigos.

Con que frecuencia se actualiza Google académico?

As actualizacións para novos contidos fanse varias veces á semana. As actualizacións para contidos xa existentes levan máis tempo (dende meses ata un ano) xa que teñen que volver a ser recollidos e indexados..

  • A Biblioteca
  • Información xeral
  • Recursos electrónicos
  • Servizos
  • Blogs, redes, RSS...

  • Compartir: