Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Biblioteca  »  Servizos  »  Fotocopias de revistas

Solicitude de fotocopias de revistas da BUSC

Se vostede é membro da comunidade universitaria de Santiago de Compostela, pode utilizar este servizo para solicitar fotocopias de artigos de revistas da BUSC que non formen parte das coleccións da Biblioteca que da servizo ao seu Centro.

Antes de realizar unha solicitude, teña en conta:

  • Comprobe no catálogo en liña que o ano e mailo volume ou número da revista que desexa existe nas coleccións da BUSC e non está localizada na Biblioteca do seu Centro.
  • Anote a signatura e a Biblioteca onde se atopa a publicación.
  • Se a publicación ou o número que vde. precisa non existe nas coleccións da BUSC, pode solicitala a outra Biblioteca por medio do formulario de préstamo interbibliotecario.
  • As fotocopias serán enviadas directamente ao seu departamento, ou á Biblioteca que da servizo ao seu Centro, caso de non dispor de enderezo de traballo na USC.

Como solicitar documentos?

Para poder solicitar fotocopias de artigos de revistas da BUSC:

  1. Pique na ligazón "Acceso ao formulario" que aparece máis abaixo
  2. Introduza as súas credenciais da USC
  3. Cubra o formulario que se lle amosará a continuación


ACCESO AO FORMULARIO

  • A Biblioteca
  • Información xeral
  • Recursos electrónicos
  • Servizos
  • Blogs, redes, RSS...

  • Compartir: