Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Escola Infantil "Breogán"  »  Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA)

Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA)

Imaxe do Monicreque

 

A nova xunta directiva da Asociación de Nais e Pais da Escola Infantil “Breogán” queremos, en primeiro lugar, presentarnos a toda a comunidade educativa, pais, nais e persoal do centro.
 
Todas as persoas que estamos na Xunta directiva queremos ademáis facervos chegar a nosa intención de traballar co obxectivo de favorecer e mellorar a educación dos nosos fillos e fillas, porque entendemos que a educación é tarefa de todos nos: pais, nais e escola. Por iso, a Asociación cumpre unha importante función dentro desta comunidade apoiando ao centro en aquilo que nos solicita, exercendo de ponte entra as familias a Asociación e o centro e sempre, co fin de conseguir, entre todos e todas o mellor para os nosos fillos e fillas.
 
Os nosos estatutos poden ser consultados na páxina web da Escola, a través da nosa sección http://www.usc.es/gl/servizos/breogan/anpa/ onde sempre encontraredes información actualizada da Asociación.
 
OS FINS E ACTIVIDADES, según os nosos estatutos (Artigo 3º) son:
 
a)   Asistir aos pais e aos titores en todo o que atinxe á educación dos seus fillos.
b)   Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do centro.
c)   Promover a participación dos pais dos alumnos na xestión do centro.
d)   Asistir aos pais dos alumnos no exercicio do seu dereito e intervir no control e xestión do centro.
e)   Facilitar a representación dos pais e alumnos na Comisión da Escola.
f)    Estimular a participación dos pais de alumnos na programación xeral do ensino por medio do órgano colexiado correspondente.
g)   Fomentar as relacións de cooperación do centro con outros establecementos escolares e os sectores sociais e culturais do seu contorno.  
h )  Promover e asegurar a efectiva igualdade de dereito de todos os alumnos sen discriminación de tipo socioeconómico, ideolóxico, confesional, raza ou de sexo.
i)    Requirir aos poderes públicos o cumprimento das leis, regulamentos e plans de actuación referentes á educación, recadando a atención e axudas que esta merece.
j)    Promover actividades formativas e culturais.
k)   Promover reunións de colaboración de pais con profesores e educadores así como as boas relacións entre eles.
l)    E tamén todas aquelas actividades, non recollidas nestes estatutos e que estean conformes coa lei.
 
Neste senso, os nosos obxectivos inmediatos son:
 
1. Acadar unha ANPA que cumpra co obxectivo de canalizar a representatividade da opinión das nais e pais dos nenos/as da Escola, intentando ser un verdadeiro foro de opinión e transmitindo esa opinión das nais e pais sobre a Escola, a súa marcha, e a súa problemática.
2.  Cooperar coa marcha do centro, a solución dos problemas e a mellora continua do mesmo.
3.  Promoción do uso do Buzón de Suxestións e Preguntas.
4.  Formación de grupos de traballo de cooperantes da ANPA (festas, actividades...).
5.  Colaborar nas actividades educativas da Escola, cooperando co equipo directivo e educativo do centro.
6.  Promover actividades formativas e culturais, como charlas ou seminarios.
7.  Fomentar as relacións de cooperación da Escola cos sectores sociais e culturais do entorno.
 
 Para acadar estes obxectivos é polo que queremos contar coa vosa colaboración, para o cal pretendemos canalizar as vosas suxestións e contribuír a seguir mellorando a Escola Infantil das nosas fillas e nosos fillos.
 
Agradecemos todas as suxestións ou comentarios que podedes facernos chegar en calquera momento, ben escribindo aos nosos enderezos electrónicos ou deixando a carta no buzón de correos que temos na entrada do centro, frente á dirección. Esta Xunta Directiva, invita a todas as familias a unirse e participar na asociación, e esperamos poder contar con todos e todas vos neste obxectivo e interés común que compartimos que é dar o mellor aos nosos fillos e fillas.