Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Escola Infantil "Breogán"  »  Asesoría pediátrica

Asesoría pediátrica

A escola dispón dunha Asesoría Pediátrica, dende a que se desenvolven ao longo do ano tanto as actividades propias da atención pediátrica os nenos e nenas destas idades, como as dirixidas ao persoal da Escola e aos pais e nais dos seus usuarios e usuarias.

Concretamente, entre as tarefas que anualmente se realizan desde a Asesoría Pediátrica cabe salientar:

  • Ficha de saúde para cada neno e nena.
  • Confección -e modificación, se procede- das dietas apropiadas para os usuarios e usuarias do comedor da Escola, tendo en conta a súa idade.
  • Charlas formativas dirixidas tanto ó persoal da Escola, como ós propios pais e nais dos nenos e nenas.
  • Asesoramento relacionado con calquera cuestión da saúde individual ou colectiva dos nenos e nenas da Escola.

Normas Pediátricas

Para manter uns estándares sanitarios axeitados e co fin de evitar ao máximo a diseminación ou inducción de enfermidades, notificámoslles as directrices máis importantes polas que nos rexeremos.

  1. Os nais e/ou pais, ao matricular aos nenos e/ou nenas neste centro, aceptan e comprométense a cumprir as normativas que se expoñen.
  2. O responsable sanitario de cada neno/a é o/a Pediatra de cabeceira. A escola dispón dunha asesoría pediátrica para solucionar as dúbidas ou cuestións de saúde que se presenten no propio centro ou en relación con este, desde o punto de vista da orientación fundamentalmente preventiva. Isto non implica que, en determinadas situacións, a través da persoa responsable do grupo, se poida consultar ao asesor ou asesora pediátrico da Escola.
  3. Os pais e/ou as nais comprométense a facilitar os datos que se soliciten (historia clínica, carné de vacinas,...), os que se utilizarán exclusivamente con fins médicos.
  4. Mentres acudan á Escola, os pais e/ou as nais comprométense a administrar ós seus fillos e fillas as doses de vacinas actualmente recomendadas.
  5. Autorízase ao centro a practicar as revisións médicas rutinarias, para ben tanto do neno ou nena coma do resto das compañeiras e compañeiros. Cando se considere necesaria algunha exploración “non rutinaria”, o Centro notificarao aos pais e/ou nais, para que a tramiten a través do seu/súa Pediatra de cabeceira.
  6. Autorízase ao centro a trasladar ao neno ou nena a un Servizo de Urxencias no caso de que se considere necesario. Neste e no anterior apartado, o Centro responsabilízase de comunicar de inmediato a continxencia ao pai e/ou nai.
  7. Autorízase ao centro a administrar a medicación adecuada ante unha situación de urxencia (por exemplo, antitérmicos), comunicándose posteriormente aos pais e/ou nais.
  8. As nais e/ou os pais comprométense a notificar as enfermidade que padecen os seus fillos/as, tanto se acoden á escola como se están de baixa, cunha demora non superior a 24–48h. Esto é importantísimo en enfermidades contaxiosas, incluso aínda que as padezan outros membros da familia (exemplo hepatite, tuberculose,...)
  9. No caso de que a nena ou neno enferme estando na Escola, os pais e/ou
    nais deben recollelo o antes posible, unha vez se lles notifique.
  10. Os pais e /ou as nais comprométense a cumprir a normativa de exclusión de nenas e nenos enfermos que rexe na normativa e que segue as recomendacións de diversas asociacións e entidades científicas de rango nacional e internacional.
  11. A Asesoría pediátrica dictaminará en caso de dúbida as normas mínimas para cumprir en cada caso particular, baseándose en datos científicos e bibliográficos actualizados e aceptados, previa comunicación á familia do/a menor afectado/a.
  12. Cando se solicite por parte do centro, os pais e/ou nais deberán facilitar un informe médico do especialista ou centro hospitalario ó que asistiu o neno ou nena, indicando o proceso que pasou ou que está a pasar.
  13. As nais e/ou pais traerán á Escola o mínimo de medicacións posibles polo risco que implica telas e administralas no centro. En todo caso, as doses de primeiras horas da mañá e da tarde procurar dalas na casa.
  14. Cando se teña que administrar algunha medicación, indicarase por escrito o nome, horario e a dose exacta.
  15. Esta normativa podería modificarse se estivese suficientemente xustificado e previa notificación das razóns

Normativa médica de exclusión

Distinguiremos dúas situacións. A primeira inclúe síntomas illados ou simultáneos e a segunda, enfermidades específicas. Exclusión por síntomas

  1. Temperatura elevada mantida (38º C ou máis)
  2. Vómitos repetidos (dous ou máis)
  3. Diarrea líquida (dous ou máis deposicións), sobre todo se estivese acompañada de febre.
  4. Tose intensa, que impida a actividade normal.
  5. Dificultade respiratoria.
  6. Secreción purulenta nos ollos.
  7. Dolor intenso, de calquera localización.
  8. Erupción e coloración anormal da pel.
  9. Coloración anormal dos ouriños.
  10. Sempre que o/a neno/a, polo motivo que sexa, non poida seguir o desenvolvemento normal das actividades da Escola.

Exclusión por enfermidade

  1. Proceso catarral de vías altas. Mentres dure a temperatura elevada e o malestar xeral do neno/a, que lle impida a actividade normal (un a dez días)
  2. Proceso catarral de vías baixas. Igual e segundo o que dure a dificultade respiratoria (un a dez días)
  3. Varicela. Ata o sétimo día dende o inicio da erupción (trece a dezaseis días)
  4. Rubéola. Ata o quinto día dende o inicio da erupción. (catorce a vinteún días).
  5. Sarampelo. Ata o quinto día dende o inicio da erupción ( dez a catorce días).
  6. Megaloeritema epidémico. Non é necesario aillamento (seis a catorce días).
  7. Síndrome boca-man-pé. Ata estar sen elevación térmica (tres a cinco días).
  8. Exantema súbito. Ata 24 horas despois de desaparecer a febre (cinco a quince días)
  9. Mononucleose infecciosa. Non é necesaria a exclusión (trinta a cincuenta días).
  10. Hepatite A. Mentres dura a ictericia aproximadamente se esta non se presenta, uns sete a dez días (catorce a corenta días).
  11. Hepatite B. Non é necesaria a exclusión, a menos que presente lesións exudativas ou mostre un comportamento agresivo e morda.
  12. Hepatite C. Igual que o anterior. Polo menos no que de momento se coñece.
  13. Parotidite. Ata desaparecer a tumefacción, é dicir, entre cinco e nove días ( dúas a tres semanas).
  14. Herpes simples. Non é necesaria a exclusión a menos que presente lesións importantes, exudativas.
  15. SIDA ou portadores de virus VIH. Non é necesaria a exclusión a menos que presente lesións exudativas ou comportamento agresivo e morda.
  16. Gastroenterite vírica. Ata a desaparición da elevación térmica e a melloría das deposicións.
  17. Amigdalita estreptocócica. Ata levar 24 horas de tratamento intramuscular ou 48 horas de tratamento oral, sempre que non teña febre (un a tres días).
  18. Escarlatina. Igual ca anterior.
  19. Impétigo. Igual cas anteriores.
  20. Otite media. Ata que a dor de oido non lle impida desenvolver a súa actividade normal.
  21. Conxuntivite. Se é purulenta, ata levar 48 horas de tratamento (un a tres días).
  22. Tosferina. Ata levar sete días de tratamento (cinco a dez días).
  23. Enfermidade por “ Haemophilusinfluenzae”. Ata recuperar un estado xeral normal e recibir o tratamento específico (descoñecido o período de incubación).
  24. Enfermidades por meningococo. Igual que a anterior (un a dez días).
  25. Tuberculose. Non é necesaria a exclusión (dúas a dez semanas).
  26. Salmonelose. Ata presentar dous ou tres cultivos de heces negativos, cun intervalo mínimo de 24 horas cada un levando 48 horas sen tratamento (Gastroenterite menos de 3 días; febre entérica de ste a catorce días).
  27. Shixelose. Igual ca anterior (un a sete días).
  28. Campylobacter. Ata ter un coprocultivo negativo, tras 48 horas sen tratamento (un a sete días).
  29. Oxiuriase. Ata 24 horas despois da primeira dose de medicación (catro a seis semanas).
  30. Lambliase. Ata que ceda a diarrea, tras iniciar o tratamento (unha a catro semanas).
  31. Escabiose (sarna). Ata que leve 24 horas de tratamento (dous a catro semanas).