As prazas correspondentes asignaranse conforme aos criterios que se
establecen a continuación:
As puntuacións obtidas nos puntos detallados a continuación serán
ponderados correspondendo o 55 % para a puntuación económica e outro
45 % para as correspondentes a situación sociofamilar e laboral.
- Virá dada pola renda persoal dispoñible (RPD), segundo Declaración da
Renda ( Nota: Para a Admisión: Renda exercicio 2011/ Para a Asignación
de cotas: Renda exercicio 2012/ Esta última, deberá ser entregada, no
momento en que se dispoña da mesma, na Administración da Escola)
Para rendas sen declaración: ingresos brutos de todo tipo (salarios,
rendementos do capital mobiliario, etc.), menos gastos deducibles e
retencións.
De acordo coa Renda Persoal Dispoñible asignarase a puntuación económica
que se di, e na que a equivalencia en puntos é a seguinte:
| Valor | Puntos | |
|---|---|---|
| Con RPD ata | 2.100 € | 4 puntos |
| Entre | 2.100,01 € e 3.600 € | 3,8 puntos |
| Entre | 3.600,01 € e 5.100 € | 3,6 puntos |
| Entre | 5.100,01 € e 7.600 € | 3,4 puntos |
| Entre | 7.600,01 € e 9.100 € | 2,5 puntos |
| Entre | 9.100,01 € e 11.600 € | 2 puntos |
| Entre | 11.600,01 € e 13.100 € | 1,5 puntos |
| Entre | 13.100,01 € e 15.600 € | 0,9 puntos |
| Entre | 15.600,01 € e 18.300 € | 0,7 puntos |
| Entre | 18.300,01 € e 20.100 € | 0,5 puntos |
| Entre | 20.100,01 € e 25.000 € | 0,3 puntos |
| Entre | 25.000,01 € e 29.999 € | 0,1 puntos |
| Con RPD por encima de | 30.000 € | 0 puntos |
Para os efectos do cálculo da renda familiar son membros computables da
unidade familiar* o pai, nai, titor/a ou persoa encargada da garda e
protección do menor, de ser o caso, os irmáns solteiros menores de
vintecinco anos e que convivan no domicilio familiar a 31 de decembro de
2012 ou os de maior idade, cando se trate de persoas con discapacidade
física, psíquica ou sensorial, así como os ascendentes dos pais que
xustifiquen a súa residencia no mesmo domicilio que os anteriores .
En caso de empate na puntuación global de dous ou máis solicitantes, a
orde de prelación virá dada polas rendas familiares dispoñibles
ordenadas de menor a maior.
1.1. Por cada membro menor de 18 anos a cargo da unidade familiar,
incluído o neno/a para o que se solicita praza: ata 4 puntos. (é dicir,
máximo, dous fillos,incluído o neno/a solicitante, 4 puntos)
1.2. Por cada membro maior de 18 anos a cargo da unidade familiar, sen
ingresos económicos, agás os pais ou titores do neno/a para o que se
solicita a praza: ata 4 puntos.
1.3. Por discapacidade física, psíquica ou sensorial, enfermidade
crónica que requira internamento periódico (segundo o grao):
Pai: ata 5 puntos.
Nai: ata 5 puntos.
Outros membros da unidade familiar: ata 5 puntos.
1.4. Pola condición de familia monoparental: 6 puntos.
1.5. Por ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros
parenterais: 12 puntos.
1.6. Pola condición de familia numerosa: 6 puntos.
1.7. Calquera outra circunstancia sociofamiliar que sexa susceptíbel de
valoración ao xuízo da Comisión e adecuadamente acreditada:ata 5 puntos.
2.1. Situación laboral de ocupación de ambos os dous membros parentais:
Pai: 4 puntos.
Nai: 4 puntos.
Se ambos os dous traballan na USC sumaránselle outros 4 puntos.
2.2. Situación laboral de desemprego sen prestación económica:
Pai: 4 puntos.
Nai: 4 puntos.
2.3. Situación laboral de desemprego con prestación económica:
Pai: 3 puntos.
Nai: 3 puntos.
2.4. Traballos sen cualificar fóra do fogar, sen percepción económica fixa:
Pai: 3 puntos.
Nai: 3 puntos.
No caso de familias monoparentais, adxudicaráselles a puntuación do
epígrafe correspondente computando por dous, exceptuado o punto 2.1, no
que a puntuación da familia monoparental asimilarase á formada por dous
membros.
1- As nenas e nenos que renoven matrícula.
2- Os nenos e nenas que procedan de situacións familiares con especial
necesidade de atención.
As situacións alegadas deberán ser xustificadas documentalmente de
maneira detallada e a Comisión da escola valorará en cada caso se
procede a condición de acceso directo, e estará sometida ás limitacións
derivadas dos grupos que se formen atendendo á idade.
3- Cando un irmán ou unha irmá do solicitante teña praza renovada no
centro, este será admitido/a automaticamente sempre que haxa vacante no
grupo correspondente, reúna os requisitos esixidos para o ingreso e
pertenza a un grupo de idade inferior.
4- Os/as fillos/as do persoal da escola, sempre que se cumpran os
requisitos xerais e específicos sinalados.
Nota: As referencias neste punto a pai/nai, entenderanse como pai,
nai, proxenitor/a, titor/a ou persoa encargada da garda e protección do
menor.