Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Escola Infantil "Breogán"  »  Documentación que se deberá acompañar ás solicitudes

Documentación que se deberá acompañar ás solicitudes

Os xustificantes expedidos nunha lingua distinta do galego ou castelán deberán acompañarse coa correspondente tradución.

A. Solicitantes de grao, 1º, 2º ciclo, de programas oficiais de posgrao e Investigadores en Formación

1. Fotocopia do DNI ou pasaporte do solicitante e dos membros da familia maiores de 14 anos e fotocopia do libro de familia dos menores de 14 anos. Están exentos de presentar esta documentación os solicitantes de readmisión se non variou a súa situación familiar.

2. Fotocopia completa da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, correspondente ao exercicio 2010, dos membros computables da unidade familiar do solicitante.

3. Fotocopia do certificado anual de calquera tipo de ingresos percibidos no ano 2010 (traballo, pensións, desemprego, rendementos do capital mobiliario, etc.) onde figuren as retencións do IRPF e as cotizacións á Seguridade Social, dos membros computables que non fan a declaración da renda.

4. Certificado de vida laboral dos membros computables que non fan a declaración da renda.

5. Certificación de convivencia expedido polo Concello, no que figuren todos os membros da familia que vivan no domicilio familiar, incluído o solicitante, cando non se faga a declaración da renda ou non quede suficientemente xustificado na documentación que se presenta.

A Universidade, poderá comprobar, que os datos da renda que se incorporan á solicitude se axustan á realidade.

B. Persoal Docente e Investigador (PDI) e Persoal de Administración e Servizos (PAS)

1. Fotocopia do DNI ou pasaporte da persoa solicitante. Están exentos de presentar esta documentación os solicitantes de readmisión se non variou a súa situación familiar 2. Teñen que entregar, xunto coa solicitude, a documentación requirida no punto A ou, de non ser esta pertinente, a necesaria para acreditar a súa circunstancia económica (ingresos de calquera tipo dos membros computables da unidade familiar, retencións, deducións, bolsas, etc.).

Están exentos de presentar esta documentación os solicitantes de readmisión se non variou a súa situación.

C. Membros da comunidade universitaria discapacitados

1. Ademais dos requisitos esixidos para o sector ao que pertenzan, deberán presentar certificación oficial na que se acredite o seu grao de discapacidade.

ADEMÁIS, TODOS/AS OS/AS QUE QUEIRAN QUE SE ESTABLEZA PUNTUACIÓN ECONÓMICA PARA PODER OPTAR Á ASIGNACIÓN DA COTA SUBVENCIONADA, TEÑEN QUE ENTREGAR, POSTERIORMENTE Á SOLICITUDE:

1. Fotocopia completa da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, correspondente ao exercicio 2011, dos membros computables da unidade familiar do solicitante.

2. Fotocopia do certificado anual de calquera tipo de ingresos percibidos no ano 2011 (traballo, pensións, desemprego, rendementos do capital mobiliario, etc.) onde figuren as retencións do IRPF e as cotizacións á Seguridade Social, dos membros computables que non fan a declaración da renda.

Senón a presentan aboarán o prezo correspondente á praza sen subvención.