
A Escola Infantil Breogán naceu no ano 1978 por iniciativa dun grupo de pais e nais, profesores/as, estudiantes e PAS da USC que acadaron das autoridades académicas a cesión duns locais no pavillón central do Burgo das Nacións, así como a distribución interior con paneis de madeira, enmoquetado, equipamento de mesas, cadeiras e unha pequena dotación para material didáctico. En xuño do ano 1985 a Xunta de Goberno aprobou a integración da Escola como Servicio da USC. No ano 1988 debido á construcción do Auditorio de Galicia habilitouse o actual edificio que agora ocupamos.
En 1992 aprobouse en Xunta de Goberno o actual Regulamento de Réxime Interno e redúcense as idades dos nenos, de 0 a 4 anos. ( 1º ciclo de Educación Infantil e primeiro curso do 2º ciclo de educación infantil).
Unha das problemáticas máis significativas da sociedade actual é a conciliación da vida laboral coa vida persoal e familiar. Neste senso, a USC desenvolve unha labor primordial a través da Escola Infantil Breogán. A Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua no marco do compromiso institucional da USC nas accións de responsabilidade social, e das políticas activas de conciliación da vida laboral coa persoal e familiar de todas/os as/os membros da comunidade universitaria, convoca cada ano o número de prazas máximas permitidas polas condicións do centro a Escola Infantil Breogán (EIB) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A Escola Infantil Breogán estará aberta durante todo o ano en horario de 8 da mañá a 8 da tarde, agás o mes de agosto que o centro permanecerá pechado. Durante o período de vacacións de Semana Santa e Nadal (período comprendido entre Noiteboa e Reis) o horario do centro será de 9:00 h a 15:00 horas.
Durante o mes de xullo axustarase o horario para garantir o cumprimento da xornada do persoal laboral no dito mes, que segundo o Artigo 43º do actual Convenio Colectivo do Persoal Laboral será de 25 horas de traballo efetivo, polo que o horario do centro nese mes será de 9:00h a 14:00h.
Información da Escola Infantil: presentación, normativa, regulamento... [pdf - 1193Kb][Actualizado: 23/06/2011]
Cristina Abeal Pereira
Teléfono: 881 814 781
Teléfono/Fax: 981 590 973
Correo electrónico: direibre@usc.es
Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
Administración Correo electrónico: escola.infantil@usc.es
Teléfono: 881 814 781
Teléfono/Fax: 981 590 973