Os impresos de solicitude de praza (que consta no anexo I desta convocatoria) poderán recollerse na Escola Infantil Breogán (en horario de 16 a 18h) e na páxina: http://www.usc.es/gl/servizos/breogan/
Xunto coa documentación requirida no punto 8, todas as persoas poderán entregar a solicitude no Rexistro Xeral da USC, situado no Reitorado da USC (Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n, Santiago de Compostela), ou na Escola Infantil Breogán (Avda. de Vigo, s/n. Campus Universitario Sur; Santiago de Compostela; e, neste caso, en horario de 16 a 18h) .
Tamén poderá presentarse nas formas e lugares establecidos na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
- Solicitudes de readmisión e de nova admisión, *desde o día 8 de maio ata as catorce horas do día 21 de maio de 2013.