Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Área de Calidade e Mellora dos Procedementos  »  Certificacións e acreditacións

Certificacións e acreditacións

En actividades que afectan a toda a USC

Aréa/Servizo/Unidade Alcance da certificación Certificación vixente
Área Académica
Certificáronse, segundo a norma ISO 9001, unha serie de procesos da Área Académica, que engloba o Servizo de Xestión Académica e o Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica. Dentro do Servizo de Xestión Académica certificáronse os seguintes procesos: xestión dos procesos de admisión e matrícula, recepción de actas e títulos, libre elección e recoñecemento de actividades, adaptacións e validacións, actos académicos e certificacións para titulacións oficiais e propias de primeiro e segundo ciclo e grao. Dentro do Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica certificáronse: a oferta da libre elección, a determinación do límite de prazas e a planificación académica anual (elaboración e aprobación da PDA, elaboración e aprobación do POD e confeción da oferta académica) para titulacións oficiais e propias de 1º e 2º ciclo e grao.
 pdf Certificación da Área Académica [pdf - 198 kb][Actualizado: 16/3/12]
Servizo de Prevención de Riscos
Certificáronse, segundo a norma ISO 14001 os procesos do Servizo de Prevención de Riscos relativos á xestión da prevención de riscos laborais, da vixilancia da saúde do persoal, da vixilancia e seguridade no traballo, do almacenamento, a coordinación e a entrega ao xestor autorizado dos residuos perigosos xerados e da vixilancia e control documental dos aparellos e dispositivos con fonte de radiacións ionizantes existentes na USC.
 pdf Certificación Servizo Prevención Riscos [pdf - 528 kb][Actualizado: 9/5/12]

  

En actividades realizadas polas distintas unidades

Certificouse o Sistema de Seguridade e Saúde no Traballo en Xullo de 2008 baixo os requisitos do estándar OHSAS 18001 no Servizo de Prevención de Riscos, que alcanza, entre outros, aos seguintes procesos:

 

- O aloxamento de membros pertencentes á comunidade da Universidade de Santiago de Compostela. A formación integral de residentes e colexiais a través da realización de actividades culturais, sociais e deportivas. Estes procesos asociados ás instalacións do SUR.

- A prestación do servizo de gardaría e comedor aos fillos dos traballadores e alumnos da Universidade de Santiago de Compostela na Escola Infantil Breogán. 

- O Instituto de Cerámica. 

 
Aréa/Servizo/Unidade Alcance da certificación Certificación vixente
Instalacións do SUR
Certificouse o Sistema de Seguridade e Saúde no Traballo en Xullo de 2008 baixo os requisitos do estándar OHSAS 18001 no Servizo de Prevención de Riscos, que alcanza o aloxamento de membros pertencentes á comunidade da Universidade de Santiago de Compostela. A formación integral de residentes e colexiais a través da realización de actividades culturais, sociais e deportivas. Estes procesos asociados ás instalacións do SUR.

pdf Certificación Colexio Maior Fonseca [pdf - 201 kb][Actualizado: 9/5/12]

pdf Certificación Colexio Maior San Clemente [pdf - 65 kb][Actualizado: 9/5/12]

pdf Certificación Residencia Universitaria Burgo das Nacións [pdf - 201 kb][Actualizado: 9/5/12]

 pdf Certificación Colexio Maior Rodríguez Cadarso [pdf - 202 kb][Actualizado: 9/5/12]

pdf Certificación Residencia Monte da Condesa [pdf - 190 kb][Actualizado: 9/5/12]

pdf Certificación Residencia Universitaria Jesus Bal e Gal [pdf - 1195 kb][Actualizado: 10/5/12]

Escola Infantil Breogán
Certificouse o Sistema de Seguridade e Saúde no Traballo en Xullo de 2008 baixo os requisitos do estándar OHSAS 18001 no Servizo de Prevención de Riscos, que alcanza a prestación do servizo de gardaría e comedor aos fillos dos traballadores e alumnos da Universidade de Santiago de Compostela na Escola Infantil Breogán. 
 pdf Certificación da Escola Infantil Breogan [pdf - 180 kb][Actualizado: 16/3/12]
Instituto de Cerámica
Do Instituto de Cerámica de Galicia certificáronse, segundo a norma ISO 14001, as actividades de investigación, desenvolvemento e innovación en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais, a realización de ensaios fisicoquímicos e a determinación de propiedades físicas en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais.
 
Ten implantado un sistema de Xestión Medioambiental que cumpre os requisitos do Esquema Europeo de Ecoxestión e Ecoauditoría (EMAS) para as actividades de: investigación, desenvolvemento e innovación en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais, a realización de ensaios fisicoquímicos e a determinación de propiedades físicas en materiais cerámicos, materiais metálicos e rocas industriais.
 
Está acreditado por ENAC para a realización de ensaios de materiais cerámicos de arxila cocida, de acordo cos requisitos da norma UNE-EN-ISO/IEC 17025.
 
Instituto de Investigación e Análises Alimentarias
Certificou, segundo a norma ISO 9001, o Laboratorio de Microbioloxía para a análise de: augas superficiais destinadas á produción de auga potable, augas potables destinadas ao consumo público, augas subterráneas (pozos e manantiais) destinadas ao consumo público, augas envasadas, augas de baño, augas de piscinas, auga de mar, augas residuais e outros tipos de augas.
 
O Laboratorio de Microbioloxía pertencente ao Instituto de Investigación e Análises Alimentarias renovou a súa certificación, segundo a norma ISO 9001, para a análise microbiolóxica de augas, e conseguiu a súa ampliación para a análise microbiolóxica de alimentos e mostras clínicas. 
 
Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con
Selo outorgado á Estación de Hidrobioloxía Encoro do Con, servizo da USC que ofrece as instalacións e medios axeitados para o estudio dos ecosistemas acuáticos continentais. 
jpg Selo da EHEC [jpg - 204 kb][Actualizado: 20/3/12]
Laboratorio de Análise de Radiacións
Renovou a súa certificación, segundo a norma ISO 9001, para o Deseño e realización de análises de radiactividade ambiental en matrices líquidas e gaseosas.
pdf Certificación do Laboratorio de Análise de Radiacións [pdf - 60 kb][Actualizado: 16/3/12]
- Laboratorios de Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos e Tecnoloxía Ambiental do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas
- Laboratorio de Química Física do Medio Ambiente da Facultade de Química
- Laboratorio de Química Analítica do Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias
Cumpren as condicións que permiten á USC obter o Título de Idoneidade como Empresa Colaboradora dos Organismos de Cuenca en materia de control de vertidos de augas residuais, concedido pola Dirección Xeral de Obras Hidráulicas e Calidade das Aguas do Ministerio de Medio Ambiente.
 

 jpg Páxina 1 da certificación [jpg - 141 kb][Actualizado: 30/3/12]

jpg Páxina 2 da certificación [jpg - 149 kb][Actualizado: 30/3/12]

jpg Páxina 3 da certificación [jpg - 114 kb][Actualizado: 30/3/12]