Na toma de decisións da Unión Europea participan diversas institucións: Comisión Europea, Parlamento Europeo (PE), Consello da Unión Europea.
Neste proceso tamén é esencial a intervención do Comité Económico e Social e do Comité das Rexións.
En xeral, a Comisión propón a nova lexislación, pero son o Consello e o Parlamento os que aproban as normas.
As normas e procedementos de toma de decisións da UE fíxanse nos Tratados. Cada proposta para unha nova norma europea basease nun artigo específico do Tratado, que é a 'base xurídica' da proposta. Isto determina que procedemento lexislativo debe seguirse.