Dereito comunitario (lexislado e xurisprudenza)
É o conxunto das normas de Dereito aplicables no ordenamento xurídico comunitario en proceso de integración económica e política que determinan o funcionamento e competencias da Unión Europea.
O nome ¨ comunitario¨ deriva da súa orixe nas Comunidades Europeas (CE).
O dereito comunitario componse dos Tratados constitutivos (Dereito primario) e das normas contidas nos actos aprobados polas institucións comunitarias en aplicación dos devanditosTratados (Dereito derivado).
Debido aos conflitos normativos que se suscitaron entre o dereito da Unión Europea e o dos seus Estados membros xurdiu o principio de primacía- as institucións da UE primarán sobre o Dereito dos Estados membros (no exercizo das competencias). As autoridades dos Estados membros non deberán aplicar normas nacionais contrarias ao Dereito Comunitario.
A UE ten un complexo e altamente desenvolvido sistema de Dereito propio que ten efecto dentro dos sistemas legais dos Estados Membros. Ese sistema foi modelado polo Tribunal de Xustiza Europeo, que estableceu na súa xurisprudencia unha serie de características propias e definitorias.
1. Primacía do Dereito Comunitario.
2. Aplicabilidade directa.
3. Efecto directo.
4. Posibilidade de alegación.
5. Responsabilidade do Estado por incumprimento.
As principais Fontes do Dereito (lexislado) comunitario son:
1. Dereito primario (os tratados que subscriben os países membros)
- os Tratados fundacionais: *o Tratado da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (durante os anos 1952-2002); *o Tratado da Comunidade Económica Europea *o Tratado da Comunidade Europea da Enerxía Atómica
- os Tratados modificativos e complementarios, entre os que os máis importantes son: *o Tratado de fusión *a Acta Única Europea *o Tratado da Unión Europea *o Tratado de Ámsterdam *o Tratado de Niza
- os Tratados de Adhesión: que recollen as condicións de incorporación dos novos países europeos que se incorporan á Unión
2. Dereito derivado
Está composto polos actos xurídicos aprobados polas institucións comunitarias con competencias lexislativas, algúns son - obrigatorios (regulamentos, directivas, decisións) e outros non obrigatorios: resolucións, dictames