A garantía dos dereitos fundamentais entendeuse como principio do dereito comunitario, malia que os Tratados non inclúen unha relación escrita dos mesmos. Só o principio de retribución laboral igual para homes e mulleres foi recollido dende os inicios da Comunidade.
A elaboración doutrinal dos Dereitos Humanos na UE débese en boa medida ao Tribunal de Xustiza, segundo cuxa xurisprudencia constante, estes forman parte integrante dos Principios Xerais do Dereito Comunitario. Co Tratado de Lisboa, recoñécese explícitamente que o Dereito das persoas-incluídos os dereitos das minorías, forman parte dos fundamentos da UE. Ademais, o Art. 6 do TUE actualiza a referenza no Dereito Orixinario sobre dereitos Fundamentais ao declarar que:
A inobservancia dos Dereitos fundamentais, (violación grave e persistente por parte dun Estado membro dos valores contemplados no artigo 2 do TUE) pode chegar a constituír un motivo de suspensión dos dereitos derivados dos Tratados ao Estado membro de que se trate.
Ademais do respecto polos Dereitos humanos no interior da Unión, fomentase o respecto destes dereitos fóra da UE.