Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Centro de Estudos e Documentación Europeos  »  Empleo y Asuntos Sociales

Emprego e Asuntos Sociais

As economías modernas necesitan crear o emprego necesario para unha sociedade dinámica baseada no coñecemento. Este obxectivo esixe esforzos comúns en políticas de emprego capaces de seguir o ritmo do cambio. Os Estados membros da UE cooperan para facer fronte a este desafío. As políticas sociais e de emprego da Unión Europea teñen como obxectivo a promoción do emprego, a mellora das condicións de vida e de traballo, unha protección social axeitada, o diálogo cos interlocutores sociais, o desenvolvemento dos recursos humanos que garantan un nivel de emprego elevado e duradeiro e a loita contra a exclusión. Ver máis

  • A coordinación das políticas estatais mediante a Estratexia Europea para o Emprego (EEE) 1997- 2005 naceu no Cumio Europeo de Luxemburgo para coordinar as políticas nacionais en materia de emprego. 
  • A Comisión Europea publica propostas como a relativa ao principio de flexiseguridade e coordina as accións dos estados mediante as políticas de emprego (2008-2010).
  • A Axenda Social 2006-2010 inscríbese no contexto da reactivación da estratexia de Lisboa e a igualdade de oportunidades (Ver máis). O programa de Lisboa para o periodo 2008-2010 inclúe entre os seus obxectivos principais a inversión en capital humano e a modernización do mercado de traballo. Máis info.
  • O Fondo Social Europeo presta o seu apoio económico directo. Cara o periodo 2007-2013 apoia accións no marco do obxetivo de «converxencia» (para as rexións menos desenvolvidas) e do obxetivo «competitividade rexional e emprego» (que trata de adiantarse e promover os cambios económicos para facer fronte aos retos). Ver máis

 

Voltear