A Comisión Europea adoptou o plan de acción para a eficacia enerxética 2007 – 2012 para ofrecer aos cidadáns da UE as infraestruturas, os produtos, os procesos e os sistemas enerxéticos máis eficientes. Trátase de controlar e reducir a demanda de enerxía, en relación co consumo e o abastecemento de enerxía, co fin de conseguir aforrar un 20% do consumo anual de enerxía de aquí a 2020.
Para realizar este aforro de enerxía é necesario desenvolver técnicas, produtos e servizos enerxéticamente eficientes e tamén modificar os comportamentos para consumir menos enerxía mantendo a mesma calidade de vida.
Os sectores nos que se considera o aforro de enerxía máis importante son os seguientes:
edificios de vivendas e comerciais (potencial de redución estimado do 27% e do 30%)
a industria manufactureira (potencial de aforro estimado do 25%)
o sector dos transportes (redución estimada do consumo do 26%)