Biocarburantes
O fomento do uso dos biocarburantes no transporte é unha prioridade na axenda política europea. Neste senso as propostas comunitarias oriéntanse a substituír a gasolina e o gasóleo polos biocarburantes, como medio para reducir a dependencia do petróleo no devandito sector, que produce un terzo das emisións de CO2, ademais de producir efecto invernadoiro.
- Na actualidade os biocarburantes máis utilizados e con meirande potencial para substituír ao gasóleo e á gasolina no transporte son:
- Adicionalmente, puxéronse en marcha importantes investigacións para fabricar biocarburantes de madeira, herba e alguns tipos de residuos (é a coñecida como produción de ¨segunda xeración¨).
Dentro da súa política enerxética, a Comisión Europea propuxo a prórroga ou a supresión de exencións fiscais para produtos derivados do petróleo, tendo en conta os efectos das excepcións no funcionamento do mercado interior, as posibles distorsións na competencia e as políticas de proteción do medio ambiente, os transportes e a enerxía. Neste senso defínense tipos mínimos de impostos especiais sobre os produtos derivados do petróleo, así como exencións obrigatorias e facultativas.