As redes transeuropeas de transporte de electricidade e de gas grazas á interconexión, á interoperabilidade e ao desenvolvemento, son un instrumento importante do funcionamento do mercado interior da enerxía. As RTE-E ofrecen os servizos de maior calidade, a diversificación das fontes de enerxía e os prezos máis competitivos.
A interoperabilidade coas redes enerxéticas de terceiros países serve para desenvolver o papel importante das RTE-E, que é garantir a seguridade e a diversificación do subministro.
A interconexión das RTE-E favorece o desenvolvemento sostible, grazas á mellor conexión das instalacións de produción de enerxías renovables e a utilización de tecnoloxías máis eficaces.
Ademáis, o acceso ás RTE-E contribúe a reducir o illamento das rexións menos favorecidas, insulares, sen litoral e periféricas, grazas a que se reforza a cohesión territorial dentro d