As Institucións e organismos europeos permiten aos xoves europeos facer estadías e prácticas nas súas oficinas centrais ou nas delegacións e representacións nos Estados membros ou asociados. Cada Institución ou Organismo segue unha vía lixeiramente distinta para a selección de estudiantes, diplomados ou licenciados. Non obstante, case todas ofertan unha convocatoria aberta de xeito que as candidaturas presentadas son obxecto de revisión dúas veces ao ano (febreiro e en outono).