Igualdade de Xénero
igualdade entre mulleres e homes é un dereito fundamental, un valor común da UE. Ver novas
A lexislación europea conta cun considerable número de disposicións sobre igualdade de sexos. Trátase principalmente de diversas disposicións do Tratado e Directivas referentes ao acceso ao emprego, igualdade salarial, permiso de maternidade e paternidade, seguridade social e profesional, carga da proba en casos de discriminación e traballo autónomo.
Na Unión europea, cada ano mídese o progreso e preséntase nun informe sobre a igualdade, como os seguintes:
- O emprego feminino aumenta pero segue por debaixo do masculino, se ben hai maioría de mulleres estudantes e licenciadas universitarias.
- O reparto das responsabilidades familiares é aínda moi desigual.
- O risco de pobreza é meirande nas mulleres que nos homes.
- As mulleres seguen cobrando por termo medio un 17.4% menos que os homes por hora traballada e esta cifra non varía.
- As mulleres están aínda moi infrarrepresentadas en postos de decisión económica e política, aínda que a súa presenza aumentou na última década.
- As mulleres son as principais vítimas da violencia sexista e as mulleres máis vulnerables ao tráfico de seres humanos.