Libre Circulación de mercadorías
A libre circulación de mercadorías é un dos fundamentos principais do mercado interior destinados a garantir os intercambios comerciais dentro da Unión Europea.
- O Tratado constitutivo da Comunidade Europea prohibe as restricións á importación e á exportación entre os Estados membros. Porén, en caso de risco para a saúde pública ou para o medio ambiente, os Estados membros poden restrinxir a libre circulación de mercadorías.
- A supresión dos aranceis aduaneiros favoreceu os intercambios intracomunitarios, que representan unha importante parte do total das importacións e exportacións dos Estados membros.
- Dende xaneiro de 1993, coa supresión no mercado interior dos controis que se aplicaban á circulación de mercadorías, a Unión forma un só territorio sen fronteiras.
- A libre circulación aplícase a todas as mercadorías que circulan dentro da Unión, a excepción das que conlevan riscos para os consumidores, a saúde pública ou o medio ambiente.
- A prohibición de medidas de restrición das importacións e exportacións entre Estados membros e o principio de recoñecemento mutuo garanten o cumprimento da libre circulación de mercadorías baixo o control da Comisión.
Ir a Mercado Interior
Voltear a CEDE