A Unión Europea é unha das zonas más ricas del mundo pero, entre as súas rexións, hai grandes disparidades internas de renda e oportunidades. Por iso creouse nos anos 80 a Política Rexional que permite á UE transferir recursos das rexións máis ricas ás máis pobres. Por exemplo dende o ano 2007 ata o ano 2013 os 12 Estados membros incorporados dende 2004 recibirán o 51% do total do gasto rexional aínda que representan menos da cuarta parte do total da poboación.
O seu obxectivo é modernizar as rexións que padecen atrasos para que acaden o nivel do resto da Unión. Esta é unha política particularmente evolutiva, na que se atopan diversos períodos de actuación. O actual é o período 2007-2013.
O financiamento comunitario da Política Rexional basease nos fondos estruturais e de Cohesión. Cada un recibe unha regulamentación adaptada a cada período desta política:
Pode atopar aquí máis info sobre esta política, ou solicitala.