Patentes
A patente é un dereito asignado polo Estado ao seu inventor que lle permite impedir que terceiros fagan uso desa tecnoloxía, é dicir, a explotación directa da invención e, en concreto, fabricala, ofrecela, introducila no mercado, importala, así como a explotación indirecta da invención, como, por exemplo, subministrala, etc.… Estes dereitos teñen unha duración limitada, e foron obxecto de traballos por parte da UE, sobre os que pode consultarse neste enlace.
En ausencia dun fundamento comunitario único existen na UE dúas formas de garantir a protección mediante patente:
- os sistemas nacionais de patentes e
- o sistema europeo de patentes: O Convenio de Munich establece un procedemento único de concesión de patente europea. A Oficina Europea de Patentes (a OEP), concede unha patente que se converte inmediatamente en patente nacional e queda suxeita ás normas nacionais A coherencia entre estes sistemas conséguese grazas á adhesión da UE a este Convenio. Calquera litixio suscitado por unha patente europea expedida pola Oficina Europea de Patentes pode levarse ante os tribunais nacionais, posto que cada unha das patentes representa en sí mesma un conxunto de patentes nacionais sometidas ás normas dos Estados contratantes da OEP designados na solicitude de patente.