
O CEDE da USC é un Centro de xestión de coñecementos ao servizo da Comunidade Universitaria e da Sociedade Galega. A súa misión é achegar a información sobre a Unión Europea e as súas políticas para a creación de valor engadido. As orixes deste Centro datan da década dos anos 1980, pasando despois a formar parte da Rede de Centros de Documentación Europea e Rede Europa Direct.