Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Centro de Estudos e Documentación Europeos  »  Libre Circulación de Trabajadores y Personas

Libre circulación de traballadores e persoas

A idea dun mercado único é que as persoas, os bens, os servizos e os capitais circulen coa mesma liberdade que no interior dun país.

A libre circulación de traballadores inclúe o dereito de desprazamento e residencia do traballador, o dereito de entrada e residencia dos membros da familia e o dereito a traballar noutro Estado membro da Unión Europea. O seu principio básico é o da igualdade de trato, xa que todo cidadán dun Estado membro goza da posibilidade de exercer un emprego remunerado noutro Estado membro nas condicións aplicables aos nacionais deste último.

A libre circulación de persoas (e tamén de bens e servizos) está moi relacionada co Acordo de Schengen que elimina os controis de pasaportes dos didadáns europeos na maioría de fronteiras interiores da UE. Deste xeito practicamente non hai controis fronteirizos entre 22 Estados membros, con cinco excepcións, que son os países que manteñen os seus controis fronteirizos: Irlanda, o Reino Unido, Chipre, Bulgaria e Romanía.

 Mais información na nosa web de emprego e asuntos sociais.

Ir a Mercado Interior

Voltear a CEDE