O Campus Virtual da Universidade de Santiago de Compostela nace como unha aposta para enriquecer a experiencia educativa e favorecer a innovación na educación universitaria.
Con este propósito, o Campus Virtual pretende poñer en liña os recursos educativos da USC, complementando así o seu modelo de ensinanza presencial con actividades virtuais.
Para construír este espazo, a USC seleccionou como plataforma a Moodle. Esta ferramenta é unha iniciativa de código aberto e conta cunha ampla acollida na comunidade educativa. Entre as posibilidades que ofrece esta ferramenta cabe destacar:
No seguinte enlace podes consultar a guía completa:
Guía de introdución ao Campus Virtual para o alumnado [pdf - 503 kb][Actualizado: 5/9/13]
Protocolo de uso do Campus Virtual [pdf - 145 kb][Actualizado: 17/7/13]