Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Centro de Linguas Modernas  »  Acreditación

Probas B1-A e B1-B de acreditación da competencia lingüística nunha lingua estranxeira (nivel B1 do MECR)

 

A modalidade das probas de competencia lingüística para a mobilidade e acreditación segundo o nivel B1 do MECR cambiu dende 2012-2013 para ampliar as posibilidades dos alumnos de examinarse e para evitar a masificación. O proceso esixe cooperación estreita entre varios servizos da USC por iso pregamos que disculpedes as posibles demoras ou erros que poidades atopar e agradecemos moito as vosas suxestións e achegas. No caso de ter problemas técnicos coa matrícula, tedes que dirixirvos ao enderezo cau@usc.es

 

Información xeral sobre as probas B1-A e B1-B da USC para a mobilidade e de acreditación


O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela realizará dous tipos de probas (B1-A e B1-B) ao longo de todo o curso académico segundo un calendario publicado previamente (ver a convocatoria). Unha vez superada a proba B1-A, que será suficiente para poder solicitar as bolsas de mobilidade internacional, podédevos matricular na segunda proba, a proba B1-B. Superando a proba B1-B, obtense a acreditación do nivel B1 do MCER.

A acreditación do nivel B1 é necesaria para poder graduarse en calquera titulación da USC, así como para acceder ao Máster de Profesorado de Secundaria en calquera universidade española entre outros.

O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) é un estándar que mide o grao de comprensión e expresión oral e escrita dunha lingua. O nivel B1 corresponde ao que tería un usuario que sería capaz, entre outras cousas, de:

Comprensión auditiva (escoitar): comprender as ideas principais cando na conversa se tratan asuntos cotiáns relacionados co traballo, a escola, ou o tempo de lecer. Comprender a idea principal dos programas de radio ou televisión que tratan temas actuais ou asuntos de interese persoal ou profesional, cando a articulación é relativamente lenta e clara.

Desenvolverse en situacións típicas cando un viaxe a países onde se fala esa lingua. Participar de forma espontánea en conversas da vida diaria. Explicar e xustificar brevemente as opinións e os proxectos propios. Narrar unha historia ou un relato, a trama dun libro ou dunha película.

Comprensión lectora (ler): comprender textos redactados sobre temas habituais e cotiáns ou relacionados co traballo. Comprender a descripción de acontecementos, sentimentos e desexos en textos de carácter persoal. 

Produción oral (falar). Saber desenvolverse en case todas as situacións que se presentan durante unha viaxe. Poder participar espontáneamente nunha conversa que trate temas cotiáns de interese persoal ou que sexan pertinentes para a vida diaria (familia, afeccións, traballo, viaxes e acontecementos actuais, entre outros).
Saber ligar frases de xeito sinxelo co fin de describir experiencias e feitos, os meus soños e as miñas esperanzas e ambicións. Poder explicar e xustificar brevemente as opinións e proxectos. Saber narrar unha historia ou un relato, a trama dun libro ou dunha película e poder describir as propias reaccións.

Producción escrita (escribir). Escribir textos sinxelos e ben enlazados sobre temas coñecidos ou son de interese persoal. Poder escribir cartas persoais que describen experiencias e impresións.

 

Estrutura das probas B1-A e B1-B

A composición das probas B1-A e B1-B varía según o idioma. O tempo máximo da proba escrita será de 120 minutos.


PROBA  B1-A (alemán, inglés)
  • Comprensión auditiva (escoitar): os candidatos escoitarán dúas veces un ou varios diálogos, descricións ou narracións e contestarán a continuación algunhas preguntas. Poderán ser documentos auténticos ou adaptados. O número máximo de ítems será de 20. As preguntas poderán presentar os formatos seguintes: tipo test, verdadeiro/falso, transformación de oracións, encher ocos, preguntas de comprensión, etc.
  • Compresión lectora (ler): os candidatos lerán un texto cun máximo de 600 palabras de vocabulario non técnico e a continuación responderán varias preguntas. Poderá incluír as seguintes microdestrezas: comprender a idea principal e as secundarias, identificar e comprender detalles relevantes e comprender argumentos e instrucións. O número máximo de ítems será de 20. As preguntas poderán presentar os formatos seguintes: tipo test, verdadeiro/falso, transformación de oracións, encher ocos, preguntas de comprensión, etc.
  • Producción escrita (escribir): os candidatos terán que escribir unha composición curta (mínimo 100 e máximo 300 palabras) sobre temas coñecidos (escritura creativa) así como cartas persoais que describan experiencias e impresións (correspondencia). Tamén se lles poderá dar un texto para que o completen coa palabra ou expresión axeitada de acordo co contexto.
  • Vocabulario e gramática.

 

PROBA  B1-A (francés, italiano, portugués)
  • Comprensión auditiva (escoitar): os candidatos escoitarán dúas veces un ou varios diálogos, descricións ou narracións e contestarán a continuación algunhas preguntas. Poderán ser documentos auténticos ou adaptados. O número máximo de ítems será de 20. As preguntas poderán presentar os formatos seguintes: tipo test, verdadeiro/falso, transformación de oracións, encher ocos, preguntas de comprensión, etc.
  • Compresión lectora (ler): os candidatos lerán un texto cun máximo de 600 palabras de vocabulario non técnico e a continuación responderán varias preguntas. Poderá incluír as seguintes microdestrezas: comprender a idea principal e as secundarias, identificar e comprender detalles relevantes e comprender argumentos e instrucións. O número máximo de ítems será de 20. As preguntas poderán presentar os formatos seguintes: tipo test, verdadeiro/falso, transformación de oracións, encher ocos, preguntas de comprensión, etc.
  • Vocabulario e gramática.

 

PROBA  B1-B (alemán, inglés)

Producción oral (falar): a proba oral poderá realizarse individualmente ou en parellas, e poderá constar de dúas partes:

  • Preguntas de carácter persoal, presentación sobre un mesmo ou comentario por parte do candidato dun tema suxerido polo examinador.
  • Desenvolvemento de comunicación oral a través de soportes visuais (debuxos, fotografías ou gráficos asociados a títulos de prensa).

A duración da proba oral será como máximo de 15 minutos. 

 

PROBA  B1-B (francés, italiano, portugués)
  • Produción oral (falar): a proba oral poderá realizarse individualmente ou en parellas, e poderá constar de dúas partes:
    Preguntas de carácter persoal, presentación sobre un mesmo ou comentario por parte do candidato dun tema suxerido polo examinador.
    Desenvolvemento de comunicación oral a través de soportes visuais (debuxos, fotografías ou gráficos asociados a títulos de prensa). 

    A duración da proba oral será como máximo de 15 minutos. 

  • Produción escrita (escribir). Escribir textos sinxelos e ben enlazados sobre temas coñecidos ou de interese persoal. Poder escribir cartas persoais que describen experiencias e impresións.