Preguntas frecuentes
Non son alumno da USC, ¿podo inscribirme na proba de acreditación da competencia lingüística?
Non. Actualmente estas convocatorias están abertas só para o alumnado da USC.
Descoñecía o dato de que era necesario acreditar a competencia lingüística nunha lingua estranxeira para acceder ao Máster de Profesorado, ¿Podo inscribirme na proba fóra de prazo?
Non.
¿Onde teño que solicitar a certificación de ter superado as probas de competencia lingüística B1?
Na UXA (Unidade de Xestión Académica), previo pago da taxa correspondente.