O Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela realizará como mínimo unha proba ao ano para que os estudantes da USC poidan acreditar a súa competencia lingüística nunha lingua estranxeira.
A acreditación do nivel B1 é necesaria para poder graduarse en calquera titulación da USC, así como para acceder ao Máster de Profesorado de Secundaria en calquera universidade española.
O Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas é un estándar que mide o grao de comprensión e expresión oral e escrita dunha lingua. O nivel B1 corresponde ao que tería un usuario que sería capaz, entre outras cousas, de:
Comprensión oral (escoitar): comprender as ideas principais cando na conversa se tratan asuntos cotiáns relacionados co traballo, a escola, ou o tempo de lecer. Comprender a idea principal dos programas de radio ou televisión que tratan temas actuais ou asuntos de interese persoal ou profesional.
Desenvolverse en situacións típicas cando un viaxe a países onde se fala esa lingua. Participar de forma espontánea en conversas da vida diaria. Explicar e xustificar brevemente as opinións e os proxectos propios. Narrar unha historia ou un relato, a trama dun libro ou dunha película.
Comprensión escrita (ler): redactar textos nunha lingua de uso habitual e cotián ou relacionada co traballo. Describir acontecementos, sentimentos e desexos en cartas persoais. Expresión e interacción oral (falar).
O exame estará dividido en dúas partes: escrita e oral. A parte escrita á súa vez constará das seccións seguintes: comprensión oral, comprensión escrita e expresión e interacción escrita. O tempo máximo da proba escrita será de 120 minutos.
Comprensión oral (escoitar): os candidatos escoitarán dúas veces un ou varios diálogos, descricións ou narracións e contestarán a continuación algunhas preguntas. Poderán ser documentos auténticos ou adaptados. O número máximo de ítems será de 20. As preguntas poderán presentar os formatos seguintes: tipo test, verdadeiro/falso, transformación de oracións, encher ocos, preguntas de comprensión, etc.
Compresión escrita (ler): os candidatos lerán un texto cun máximo de 600 palabras de vocabulario non técnico e a continuación responderán varias preguntas. Poderá incluír as seguintes microdestrezas: comprender a idea principal e as secundarias, identificar e comprender detalles relevantes e comprender argumentos e instrucións. O número máximo de ítems será de 20.
As preguntas poderán presentar os formatos seguintes: tipo test, verdadeiro/falso, transformación de oracións, encher ocos, preguntas de comprensión, etc.
Expresión e interacción escrita: os candidatos terán que escribir unha composición curta (mínimo 100 e máximo 300 palabras) sobre temas coñecidos (escritura creativa) así como cartas persoais que describan experiencias e impresións (correspondencia).
Tamén se lles poderá dar un texto para que o completen coa palabra ou expresión axeitada de acordo co contexto.
Expresión e interacción oral: a proba oral poderá realizarse individualmente ou en parellas, e poderá constar de dúas partes:
A duración da proba oral será como máximo de 15 minutos.
Para obter unha cualificación de APTO será necesario superar todas as destrezas. A parte escrita é eliminatoria, de xeito que só aqueles alumnos que obteñan unha cualificación satisfactoria poderán realizar o exame oral.
A proba oral, que será cualificada segundo os criterios de fluidez, corrección, riqueza de vocabulario, capacidade comunicativa e uso da lingua, poderá ser gravada en formato audio.
Outorgarase una cualificación global de apto ou non apto.
A acreditación da competencia lingüística reflectirase directamente no expediente do alumno/a, polo tanto o Centro de Linguas Modernas non pode expedir certificación ningunha sobre a superación da proba. Nas Unidades de Xestión Académica o alumno/a poderá solicitar unha certificación da cualificación de apto/non apto na proba, previo pago da taxa correspondente.
Para matricularse nas probas pulse aquí