Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Centro de Linguas Modernas  »  CILS

CILS 2012

Certificado de Italiano como Lingua Estranxeira

O CLM da USC é centro examinador en Galicia para os exames CILS da Università per Stranieri di Siena para a Lingua Italiana como lingua estranxeira. A Università per Stranieri di Siena é unha das Universidades estatais italianas autorizadas por lei para o ensino do italiano a estranxeiros e a obtención de títulos oficiais de coñecemento do italiano como segunda lingua.

O CILS (Certificazione di Italiano come lingua straniera) é o seu título de certificación e comprende 6 niveis, según o Common European Framework of Reference do Consello de Europa.

No Centro de Linguas Modernas da USC, nesta convocatoria, só se poderá realizar o exame CILS DUE-B2. A data da convocatoria é a establecida pola Universtà per Stranieri di Siena , e é inamovible.

 

Convocatoria CILS 2012 DUE-B2

Nivel da Proba DUE-B2
Prazo de Matrícula Do 12 de Marzo 2012 ao 13 de abril 2012
Número Prazas 35 (por estricta orde de matrícula)
Prezo público 130,00 euros
Data da proba escrita 7 de xuño de 2012
Hora da proba escrita 09:00 h
 Lugar Fac. Ciencias Políticas. A aula indicarase na entrada da Facultade.
Data da proba oral  7 / 8 de xuño de 2012
 Hora e lugar da proba oral Indicarase o día da proba escrita.

 

O EXAME. CONTIDOS:

Na páxina web da Universtà per Stranieri di Siena www.unistrasi.it pode consultarse o manual “Le Linee guida CILS” onde poderán atopar tanto a descrición pormenorizada dos contidos de cada un dos niveis como a descrición das probas. Na mesma páxina web pódense atopar tamén exames de convocatorias pasadas coas súas correspondentes claves e criterios de corrección.
 
 
NORMAS PARA O DÍA DO EXAME:
  • É imprescindible presentar o DNI ou o carné de conducir o día do exame.
  • Só se poderán empregar bolígrafos de cor negra.
  • Está prohibido o uso de tipp-ex e correctores similares.

 

RESULTADOS DO EXAME:

Os resultados poderán ser consultados na páxina web da Universtà per Stranieri di Siena , co "numero di matricola" que lles será proporcionado o día do exame, a partires da mitade do mes de Setembro. Os certificados envíanse normalmente a partires da metade do mes de outubro.


CONTACTO:

Se desexa algunha información adicional pode dirixirse á responsable destes exames no Centro de Linguas Modernas, a profesora Cristina Hernández, cristina.hernandez@usc.es. Toda a información que poidan precisar (niveis, utilidade, exemplos de exames) poderán atopala na web oficial da Università per Stranieri di Siena

 

NORMAS DE INSCRIPCIÓN:

1. Requisitos

Ter 16 anos. Non ter nacionalidade italiana. En caso de tela por ser fillo de emigrante, será necesario non ter vivido en Italia como residente. Dacordo con isto, deberán adxuntar declaración xurada.

2. Documentación necesaria:
  • Fotocopia do D.N.I ou pasaporte (indispensable)
  • Formulario de inscrición (con letra clara e asinado), que pode descargarse aquí:  pdf CILS 2012 proposta di adesione per sedi all\'ESTERO [pdf - 85 kb][Actualizado: 28/2/12] 
  • Xustificante do ingreso realizado en Novagalicia Banco, mediante impreso 48/2 da USC. Este formulario poderase solicitar persoalmente na Secretaría do CLM ou por correo electrónico  na dirección: clm@usc.es (Asunto: exame CILS). O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC remitirá o mesmo por correo postal ordinario ao interesado/a.
     
3. Abono de dereitos de exame
 
O abono dos dereitos de exame faráse dentro do prazo (do 12 de marzo ao 13 de abril de 2012) en calquer sucursal de Novagalicia Banco, mediante o impreso 48/2 da USC, que será facilitado polo Centro de Linguas Modernas. O impreso 48/2 consta de 4 copias. Dúas copias quedarán na entidade bancaria. Das outras dúas, unha é para presentar no Centro de Linguas Modernas no momento de formalizar a inscrición e a outra é para o/a  interesado/a. No impreso 48/2 deberáse cubrir todo o apartado de DATOS PERSOAIS. No apartado MOTIVO DO INGRESO deberá marcar a casilla correspondente a Centro de Linguas Modernas. En nome do curso deberá indicar EXAME CILS.
Non se admitirán ingresos colectivos de varios interesados utilizando un só impreso 48/2. Cada candidato inscrito nas probas deberá presentar o seu propio xustificante do pago dos dereitos de exame.
Para o Nivel nivel DUE-B2 o prezo é de 130,00 € (105,00€  + 25,00 € (cargo da USC por gastos de administración).
A Universtà per Stranieri di Siena non ten prevista a devolución en ningún caso a tasa de inscrición, ainda cando o/a candidato/a  non se presentara ao exame por causas xustificadas: neste suposto o/a candidato/a poderá examinarse na convocatoria seguinte, unha vez acreditadas as razóns debidamente xustificadas, e sempre que conte coa aprobación da Università per Stranieri di Siena.
 
4. Formalización da inscrición:
 
Unha vez efectuado o ingreso en Novagalicia Banco, a documentación poderase entregar ou ben persoalmente no Negociado do Centro de Linguas Modernas, ou ben ser enviada por correo certificado ao Negociado do Centro de Linguas Modernas, (Negociado do CLM. Casa dos Catedráticos. Avda. das Ciencias s/n 1ºC. Campus Vida. 15782 Santiago de Compostela) e só serán aceptadas as recibidas durante o prazo de matrícula. 
 
  
Asdo.
Cristina Hernández García. Responsable do exame CILS no CLM               
Katerina Vlasakova Directora do Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC
                                                                                
Santiago de Compostela, 28.2. 2012

Actualizado o 8.3.2012