Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Centro de Linguas Modernas  »  Centro de Recursos de Idiomas

Presentación do C.A.T.

 

O Centro de Autoaprendizaxe Titorizada (CAT) denominado ata o curso 2011-2012 Centro de Recursos de Idiomas  (CRI) da Universidade de Santiago de Compostela é un lugar concibido para proporcionar o soporte material e o asesoramento lingüístico - pedagóxico para persoas interesadas na aprendizaxe de distintos idiomas modernos.
 

Nel atópase unha variedade de DVDs, vídeos, CD-Roms e casetes, manuais, libros de referencia, dicionarios, enciclopedias, gramáticas, CDs con cancións, textos auténticos, revistas, periódicos, antoloxías, libros de arte, de historia e de literatura en versión orixinal e traducida ao castelán ou ao galego, folletos informativos, etc., ou sexa, materiais que permiten desenvolver as áreas que máis nos interesa mellorar e/ou ampliar.
 

Grazas a estes recursos, sesións de conversación, intercambio de conversación  e o asesoramento pedagóxico dos titores podese traballar dunha maneira amena e eficaz. O obxectivo principal dos módulos de aprendizaxe titorizada consiste en complementar ou ofertar unha alternativa ás clases na aula.


Os estudantes que queren preparar os exames DELE do Instituto Cervantes, o exame TOEFL, os exames de alemán do Goethe Institüt e outros, tamén atoparán material abundante para obter resultados óptimos.

 

Que é o CAT?

  • Unha oportunidade única: ti escolles qué facer, e por qué, mais non estás abandonado.
  • A posibilidade de facer entretida a túa aprendizaxe, escollendo o material que realmente che interesa.
  • Unha maneira de traballar as destrezas lingüísticas que necesitas mellorar específicamente.