"... Jak je čeština krásná! A milostná! .... Slova jsou živá a přicházejí sama, nesena vlastní krásou, svým vlastním rytmem..."
"... Que fermosa é a lingua checa! E agarimosa!... As palabras están vivas e veñen soas, levadas polo seu propio ritmo, pola súa propia beleza ..."
Jaroslav Seifert (Praga 1901 - 1986)
Poeta, premio Nobel de literatura, 1984
O Centro de Linguas Modernas da USC é pioneiro en introducir o estudo de lingua checa en España no ano 1988. Na actualidade ofrece cursos semestrais de 40 horas e cursos intensivos de verán. Os cursos están adaptados aos niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECR).
BOLSAS DE ESTUDO, MATERIAL DIDÁCTICO
Grazas á colaboración có Ministerio de Educación e Xuventude da República Checa e coa Embaixada dese país, os alumnos poden disfrutar cada ano tanto de material variado para a súa aprendizaxe, así como de bolsas de viaxe e de estudo para realizar cursos intensivos de verán e cursos de longa duración nas universidades públicas checas en Praga, Brno e Olomouc.
BIBLIOTECA CHECA
A Biblioteca Xeral da USC contén abundante bibliografía en checo, máis de 800 títulos relacionados coa lingüística, literatura, cultura, arte, historia e xeografía da República Checa http://www.usc.es/gl/servizos/biblioteca/
EXAMES