Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Centro de Linguas Modernas  »  Cursos de linguas  »  Cursos de español para estranxeiros  »  Cursos e programas

Cursos e programas

 

1. Cursos intensivos de Setembro e Febreiro 

2. Cursos cuadrimestrais

3. Curso de Cultura y Literatura Española a través del Cine

4. Cursos de preparación do exame DELE. Niveis B2 e C1

 

1. Cursos intensivos de Setembro e Febreiro 

Antes do comezo de cada cuadrimestre o Centro de Linguas Modernas ofrece aos estudantes estranxeiros un curso intensivo de español de 40 horas presenciais e de 60 horas de traballo autónomo. O obxectivo destes cursos é que os estudantes cun nivel de español baixo acaden o nivel mínimo para poder desenvolverse sen demasiados problemas na vida académica e nas outras situacións da vida cotiá. Para aqueles que posúan un nivel de español medio, este curso serviralles de preparación para os cursos cuadrimestrais de nivel máis avanzado.

 

Os nomes, programas e contidos dos cursos están adaptados aos niveis do MCER (Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Aprendizaxe, ensino e avaliación). 

 

Para consultar a oferta de cursos desta lingua, prema aquí ou vaia á columna da esquerda no apartado de Matrícula. Antes de matricularse en calquera curso, vostede debe realizar unha proba de nivel gratuíta na data establecida polo Centro. Da realización desta proba estarán exentas aquelas persoas que teñan cursados estudos previos desta lingua no CLM da Universidade de Santiago de Compostela. Para inscribirse na proba de nivel desta lingua, prema aquí ou vaia á columna da esquerda no apartado Proba de nivel.

 

Todos os cursos teñen carácter presencial e para superalo a asistencia ás clases é obrigatoria. O número máximo de estudantes por grupo é de 20.

 

MCER Curso Horas Docencia
A1 A1.2 Curso usuario básico (acceso) 40 Setembro / Febreiro


 

MCER Curso Horas Docencia
A2 A2.2 Curso usuario básico (plataforma) 40 Setembro / Febreiro


 

MCER Curso Horas Docencia
B1 B1.1 Curso usuario independente (limiar) 40 Setembro / Febreiro
B1.2 Curso usuario independente (limiar) 40 Setembro / Febreiro


 

MCER Curso Horas Docencia
B2 B2.2 Curso usuario independente 40 Setembro / Febreiro

 

2. Cursos cuadrimestrais

Os cursos cuadrimestrais de lingua española teñen a mesma carga lectiva que os intensivos, pero máis repartida, coa finalidade de que o alumnado poida compatibilizar os estudos de grao ou posgrao na Universidade coa mellora do seu nivel de español.

 

Os nomes, programas e contidos dos cursos están adaptados aos niveis do MCER (Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. Aprendizaxe, ensino e avaliación). 

 

Para consultar a oferta de cursos desta lingua, prema aquí ou vaia á columna da esquerda no apartado de Matrícula. Antes de matricularse en calquera curso, vostede debe realizar unha proba de nivel gratuíta na data establecida polo Centro. Da realización desta proba estarán exentas aquelas persoas que teñan cursados estudos previos desta lingua no CLM da Universidade de Santiago de Compostela. Para inscribirse na proba de nivel desta lingua, prema aquí ou vaia á columna da esquerda no apartado Proba de nivel.

 

Todos os cursos teñen carácter presencial e para superalo a asistencia ás clases é obrigatoria. O número máximo de estudantes por grupo é de 20.

 

MCER Curso Horas Docencia
A1 A1.2 Curso usuario básico (acceso) 40 Cuadrimestral


 

MCER Curso Horas Docencia
A2 A2.2 Curso usuario básico (plataforma) 40 Cuadrimestral


 

MCER Curso Horas Docencia
B1 B1.1 Curso usuario independente (limiar) 40 Cuadrimestral
B1.2 Curso usuario independente (limiar) 40 Cuadrimestral


 

MCER Curso Horas Docencia
B2 B2.2 Curso usuario independente 40 Cuadrimestral


 

MCER Curso Horas Docencia
C1 C1.1 Curso usuario competente (dominio operativo eficaz) 40 Cuadrimestral
C1.2 Curso usuario competente (dominio operativo eficaz) 40 Cuadrimestral

  

Se desexa ver a equivalencia entre os niveis  antigos do Centro de Linguas Modernas e os do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), prema aqui.

 

3. Curso Cultura y Literatura Española a través del Cine

Neste curso faise un percorrido pola historia de España e as súas peculiaridades culturais a partir dunha selección de lecturas e material audiovisual. Ten lugar no Campus de Santiago de Compostela e consta de 100 horas (40 horas presenciais no aula, 4 horas de clase semanais en sesións de 2 horas, e  60 horas de traballo autónomo), de tal modo que é tamén susceptible de ser recoñecido cun mínimo de 4 créditos ECTS por parte da universidade de orixe ou con 2,5 créditos de libre configuración por parte da USC.

Os participantes destos cursos deben ter como mínimo un nivel intermedio de español (A2.2 do MCER).

 

4. Cursos de preparación do exame DELE. Niveis B2 e C1

Os cursos de preparación para o examen DELE (Diploma de Español como Lingua Estranxeira) constan de 20 horas presenciais, 3 horas de clase semanais en sesións dunha hora e media. Os niveis que se ofrecen son o nivel B2 e o nivel C1.

 

 

  • Actividades de Español
  • TANDEM