"Alumnos de Filoloxía achegan a Lugo tres pezas teatrais francesas preparadas no presente curso".
Mércores, 06 de abril de 2011
CLM
Nova do Xornal da USC:
"Un grupo de alumnos da Facultade de Filoloxía do Campus de Santiago, no que participan varios
estudantes Erasmus de orixe francesa baixo a dirección e asesoramento do profesor Manuel García
Martínez, representarán este 12 de abril no Campus de Lugo un espectáculo teatral preparado
durante o presente curso.
Esta actividade está organizada coa colaboración do Centro de Linguas Modernas do Campus de
Lugo e a Escola Oficial de Idiomas desta cidade xunto coa Facultade de Humanidades. O espectáculo
terá lugar no salón da EOI a partir das 17:30 e consistirá en dúas pezas de teatro en francés (Comédie de Becket e
Notre Futur de G. Feydeau) e unha traducida ao castelán (Feu la mère de Madame de G. Feydeau). O conxunto das tres pezas terá unha duración de 1hora
e 30 minutos."
Arquivos adxuntos:
-
[ - 0Kb]