O curso está dirixido sobre todo ao alumnado principiante que non ten coñecementos previos do grego moderno.
Ao longo destas dúas semanas os alumnos aprenderán un vocabulario básico e se introducirán en varios aspectos gramaticais como o artigo, o adxetivo, o sustantivo e a conxugación de verbos en presente, futuro e imperfecto. Amais, a cultura e a historia contemporánea grega, así como a situación actual en Grecia incorporaránse a través de actividades varias como as exposicións do profesor, visualización de segmentos de videos, cancións e conversas.
Ao final do curso, os alumnos estarán capacitados para expresar sentimentos, desexos, facer peticións e manter conversacións breves sobre temas habituais e prácticos.
O método a seguir será Epikoinonhste Ellhnika, amais de material adicional (textos de revistas adaptados ao nivel dos estudantes, cancións populares, fábulas tradicionais etc.) todo aportado polo profesor.