Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Centro de Linguas Modernas  »  Cursos de linguas  »  Cursos de ruso

Cursos de LINGUA RUSA
 

 « Сколько языков ты знаешь — столько раз ты чело­век »

Cantas linguas saibas, tantas veces és persoa.
Refrán popular

A lingua rusa pertence ao grupo de linguas eslavas orientais da familia de linguas indoeuropea. O Centro de Linguas Modernas da USC itroduciu os estudos da lingua rusa no ano 1986. A primeira profesora foi Helena Krivan (Praga); posteriormente, de 1990 a 1996 as clases impartironse por Katerina Vlasakova (Praga); de 1996 a 2002 por Nina Makarova (San Petersburgo), de 2002 a 2005 por Ekaterina Guerbek (San Petersburgo), de 2005 a 2012 por Katerina Vlasakova e dende 2012 por Aleksandra Kaverina.

Na actualidade ofrecemos 1- cursos semestrais e 2- cursos intensivos de verán. Os cursos están adaptados aos niveis do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECR).
 

Benvidos e benvidas ao Centro de Linguas Modernas (CLM)

O Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela dá a benvida a todas e todos os estudantes que durante o vindeiro curso van estudar neste centro, ben no Campus de Santiago, ben no de Lugo.

Case tres mil estudantes aprenden linguas modernas ou melloran a súa competencia lingüística no noso centro. O profesorado conta cunha ampla experiencia docente en ensino de linguas extranxeiras, e o centro dispón de instalacións e recursos axeitados para a aprendizaxe de idiomas.

Se tedes algunha dúbida ou precisades máis información sobre o que o Centro de Linguas Modernas vos pode ofrecer, poñédevos en contacto con nós a través do enderezo electrónico, teléfono ou secretaría do CLM.

Esperamos vervos pronto e desexamos que a vosa experiencia no Centro de Linguas sexa positiva tanto desde o punto de vista académico como persoal.