Convocatoria dos cursos intensivos de verán 2012
Cartel dos cursos intensivos de verán 2012
| Curso | nivel | grupos | prazas | duración | taxas | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| USC | externos | |||||
| Alemán | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Francés | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Inglés | Intermedio | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Italiano | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Portugués | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Curso | nivel | grupos | prazas | duración | taxas | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| USC | externos | |||||
| Alemán | Intermedio | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Árabe | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Catalán | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Checo | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Chinés | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Eslovaco | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
|
Finés - cancelado (9/05/12) |
Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Francés | Intermedio | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Grego moderno | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Húngaro | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Inglés | Intermedio | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Inglés | Avanzado | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Italiano | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Polaco | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150€ | 175€ |
| Portugués | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Ruso | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Xaponés | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
Duración e calendario dos cursos: 40 horas, 4 horas diarias do 9 ao 20 de xullo de 2012.
Estes cursos están dirixidos con caracter preferente a alumnos da USC que vaian ir a unha universidade estranxeira cunha bolsa dos programas de mobilidade (Erasmus, Europrácticum, Erasmus-Mundus, etc.) durante o curso 2012-13, aínda que tamén están abertos a outros alumnos a partir de 16 anos con necesidades e/ou intereses semellantes.
Nos cursos de alemán (Santiago), inglés (Santiago e Lugo) e francés (Santiago) non se admitirán alumnos que non teñan algún tipo de coñecementos previos destas linguas.
Os cursos de iniciación ao idioma inclúen contidos relacionados coa cultura e civilización dos países de fala que poderán impartirse en galego ou en español.
Non se levarán a cabo os cursos nos que non se inscriban un mínimo de 8 persoas, a non ser en casos excepcionais que a Dirección do Centro estime pertinentes.
No caso de anulación dun curso daráselle ao alumno a posibilidade de cambiar a outro idioma ou devolveráselle o importe da inscrición.
Nos cursos, máis que contidos gramaticais, preténdese ofrecer aos alumnos técnicas e práctica de destrezas, estratexias de comunicación, así como contidos específicos e funcionais que lles serán útiles na súa estadía no estranxeiro.
O alumnado que acade avaliación positiva nun curso poderá solicitar o recoñecemento de 2,5 créditos de libre configuración, segundo a normativa vixente.
O alumnado que teña recoñecido na USC o nivel B1 ou superiores dunha lingua estranxeira distinta, poderá solicitar 1 crédito transversal pola superación de cursos do CLM de 40 hs + 40 hs ou de 80 hs, segundo a normativa vixente.
Campus de Santiago
| Curso | nivel | grupos | prazas | duración | taxas | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| USC | externos | |||||
| Linguaxe de signos | Iniciación | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
| Linguaxe de signos | Perfeccionamento | 1 | 20 | 40 horas | 150 € | 175 € |
Duración dos cursos: do 9 ao 20 de xullo do 2012.
Estes cursos están abertos a todos os interesados a partir de 16 anos.
O alumnado que acada avaliación positiva no curso poderá solicitar o recoñecemento de 2,5 créditos de libre configuración, segundo a normativa vixente.
O alumnado que teña recoñecido na USC o nivel B1 ou superiores dunha lingua estranxeira distinta, poderá solicitar 1 crédito transversal pola superación de cursos do CLM de 40 hs + 40 hs ou de 80 hs, segundo a normativa vixente.
Non se levarán a cabo estes cursos se non se inscriben un mínimo de 8 persoas, a non ser no caso que a Dirección do Centro o estime pertinente.
No caso de anulación do curso daráselle ao alumnado a posibilidade de cambiar a outro idioma ou devolveráselle o importe da inscrición.
Campus de Santiago
| Curso | nivel | grupos | prazas | duración | taxas | |
|---|---|---|---|---|---|---|
USC |
externos |
|||||
| Xaponés curso NOKEN | Iniciación (N5) | 1 | 20 | 20 h | 75 € | 90 € |
Duración do curso: do 9 ao 20 de xullo do 2012.
Este curso está aberto a todos os interesados a partir de 16 anos.
Non se levará a cabo este curso se non se inscriben un mínimo de 8 persoas, a non ser no caso que a Dirección do Centro o estime pertinente.
No caso de anulación do curso devolveráselle o importe da inscrición.
Para os cursos de alemán (Santiago), inglés e francés (Santiago e Lugo) co fin de clasificar aos alumnos segundo o seu dominio do idioma, o día 15 de xuño haberá unha proba de nivel ás 12:00 horas na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (Campus de Santiago) e na Facultade de Humanidades (Campus de Lugo).
Datas para a inscrición nas probas de nivel: Do 1 de xuño ao 14 de xuño de 2012.
|
Lugar |
Inscrición nas probas de nivel |
Resultados das probas |
|---|---|---|
|
Campus Lugo |
Inscribirme na proba de nivel |
Resultados |
| Campus Santiago | Inscribirme na proba de nivel | Resultados |
No caso de ter problemas coa inscrición en liña, deben de remitir unha incidencia ao enderezo cau@usc.es.
Non existe prazo de preinscrición. A matrícula estará operativa dende 1 de xuño de 2012.
Os impresos para formalizar a matrícula para todos os cursos intensivos de verán do CLM descargaránse desta páxina web ou excepcionalmente recolleránse no Negociado do propio CLM. O pagamento faráse mediante un ingreso ou transferencia bancaria tal e como consta no impreso.
Datas de matrícula: Do 1 de xuño ao 25 de xuño de 2012.
| Matrícula |
|---|
| Matricularme |
No caso de imposibilidade de asistir ao curso, poderase solicitar a devolución do importe da matrícula do 26 ao 29 de xuño. FÓRA DESE PRAZO NON SERÁ ATENDIDA NINGUNHA SOLICITUDE.
Os alumnos que non cumprisen cos requisitos mínimos marcados, que serán o cumprimento do 70% dos contidos programados para cada curso e a avaliación continua positiva, e os que non asistan ao 80% das sesións de clase, non terán dereito a un diploma de aprobación.Todos os alumnos que cumpran os requisitos mínimos mencionados poderán recibir un certificado que acreditará a denominación do curso, a cualificación apto/non apto, duración, nome e DNI do alumno.
| Inscrición nas probas de nivel (inglés, francés, alemán) | do 1 de xuño ao 14 de xuño de 2012 |
| Proba de nivel (inglés, francés, alemán) | 15 de xuño de 2012 |
| Resultados da proba de nivel | 19 de xuño de 2012 |
| Matrícula (desde 1 de xuño cursos sen proba de nivel) | do 1 de xuño ao 25 de xuño de 2012 |
| Anulación da matrícula | do 26 de xuño ao 29 de xuño de 2012 |
| Duración dos cursos | do 9 de xullo ao 20 de xullo de 2012 |
| Entrega de diplomas no CLM | dende 26 de xullo de 2012 |
| Entrega de certificados no CLM | dende 26 de xullo de 2012 |
O alumnado que cursa estudos na Universidade de Santiago de Compostela deberá estar amparado por un seguro, calquera que sexa o tipo de estudos ou a mobilidade de matrícula. No caso de que non estea no ámbito de protección do seguro escolar do INSS, deberá subscribir un seguro de accidente e asitencia en viaxe que cubra os riscos derivados da súa actividade académica.
Os impresos para formalizar o seguro descargarase desta páxina web ou excepcionalmente recollerase no Negociado do propio CLM. O pagamento faráse mediante un ingreso ou transferencia bancaria tal e como consta no impreso.
Os lugares concretos dos cursos nas facultades do Campus de Lugo e de Santiago estarán visibles dende 1 de xuño de 2012.
|
Curso e nivel |
CAMPUS |
Quenda de mañá (9:30h - 13:45h) |
Quenda de tarde (16:15h - 20:30h) |
|---|---|---|---|
| Alemán n. iniciación | L | X | |
| Francés n. iniciación | L | X | |
| Inglés n. intermedio | L | X | |
| Italiano n. iniciación | L | X | |
| Portugués n. iniciación | L | X | |
| Alemán n. intermedio | S | X | |
| Árabe n. iniciación | S | X | |
| Catalán n. iniciación | S | X | |
| Checo n. iniciación | S | X | |
| Chinés n. iniciación | S | X | |
| Eslovaco n. iniciación | S | X | |
| Francés n. intermedio | S | X | |
| Grego moderno n. iniciación | S | X | |
| Húngano n. iniciación | S | X | |
| Inglés n. intermedio | S | X | |
| Inglés n. avanzado | S | X | |
| Italiano n. iniciación | S | X | |
| Polaco n. iniciación | S | X | |
| Portugués n. iniciación | S | X | |
| Ruso n. iniciación | S | X | |
| Xaponés n. iniciación | S | X | |
| Xaponés curso NOKEN (5) | S | X 11:45 - 13:45 | |
|
Linguaxe de signos n. iniciación |
S | X | |
| Linguaxe de signos n. intermedio | S | X |