Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Centro de Linguas Modernas  »  Goethe

Goethe-Institut  

 CONVOCATORIA 2012

 1. EXAMES

 2. DATAS e LUGARES 

Goethe-Zertifikat A1

Día Hora Lugar
Proba escrita  9.7.2012 10:00 Campus Santiago*
Proba oral  10.7.2012 10:00  Campus Santiago*

 

Goethe-Zertifikat A2

Día

Hora

Lugar

Proba escrita

12.7.2012 

10:00 

 Campus Santiago*

Proba oral

13.7.2012 

10:00

 Campus Santiago*

 

Goethe-Zertifikat B1

Día

Hora

Lugar

Proba escrita

18.7.2012 

10:00 

 Campus Santiago*

Proba oral

19.7.2012 

10:00

 Campus Santiago*

*O Lugar concreto será indicado máis adiante. 

 
3. PREZOS
  A1 A2 B1

Comunidade Universitaria USC **

50,- €

70,- €

100,- €
Externos

70,- €

90,- € 160,- €

**Tarifa minima permitida polo Goethe-Institut. teñen dereito a ela:

  • os membros da comunidade universitaria
  • os alumnos do CLM
  • os ex alumnos de alemán do CLM, que rematasen polo menos un curso regular, tanto presencial coma no CRI

 4. INSCRICIÓN

Lugar: Negociado CLM. Casa dos Catedráticos. Avda. das Ciencias s/n 1º C. Campus Vida USC. 15782 Santiago de Compostela.
Hora:  9:00 - 14:00
Inscrición:  28.5.2012 - 15.6.2012
Devolución:  18.6.2012 - 22.6.2012

Máis información, no Negociado de Alumnos do CLM:

Documentos anexos

pdf Anmeldeformular 2012 [pdf - 94 kb][Actualizado: 28/2/12]

pdf Modelo Cubrir 48.2 [pdf - 967 kb][Actualizado: 9/3/12]

5. PREGUNTAS FRECUENTES

A.-       REQUISITOS
 
1.-        A partir de que idade podo presentarme aos exames do Goethe-Institut?
Dende 2008 non existen os requisitos mínimos de idade para presentarse aos exames do Goethe-Institut, só existen idades recomendadas. Os exames do Goethe-Institut están a disposición de todos os interesados, e poden presentarse a eles todos os que o desexen, independentemente da súa idade ou da posesión da nacionalidade alemá.
 
2.-        Cales son as idades recomendadas para os exames do Goethe-Institut que ofrece o CLM?
            16 anos.
 
 B.-       ADMISIÓN 
 
3.-        Se suspendín o exame podo volver presentarme de novo?
            Si, tanto a un exame do mesmo nivel, coma de nivel inferior ou superior.
 
4.-        Existe algunha razón pola que puidera non ser admitido ás probas?
Si, no caso de que o número de persoas que desexen presentarse ás probas supere a capacidade operativa do CLM. Neste caso respetarase escrupulosamente a orde de entrada das solicitudes.
 
 
C.-       INSCRICIÓN
 
5.-        Que teño que facer para inscribirme para o exame?
Tes que presentar en calquera das sedes do CLM (Santiago ou Lugo), e dentro dos prazos establecidos, unha folla de inscrición cuberta cos teus datos persoais, unha fotocopia do teu D.N.I ou do teu pasaporte e o xustificante do ingreso dos dereitos de exame. No caso de acollerte á tarifa reducida (USC) deberás engadir fotocopia do documento correspondente que acredite que tes dereito á redución (tarxeta da USC, resgardo de matrícula, certificado de ter superado un curso de alemán no CLM).
 
6.-        Teño que acudir persoalmente ao CLM para inscribirme nos exames?
Non. Tamén podes enviar os documentos mencionados no apartado anterior por correo postal certificado ao CLM (Negociado CLM. Casa dos Catedráticos. Avda. das Ciencias s/n 1º C. Campus Vida USC. 15782 Santiago de Compostela) indicando na parte exterior do sobre “Exames Goethe
 
7.-        Onde podo conseguir os impresos (folla de inscrición e impreso 48/2) para inscribirme nos exames?
a) recollelos persoalmente en calquera das dúas sedes do CLM (Santiago ou Lugo), ou
b) solicitar, coa debida antelación, por medio dun correo electrónico ao enderezo clmgoethe@usc.es, que cho envíen por correo postal.
 
8.-        Onde teño que facer o ingreso dos dereitos de exame?
En calquera oficina de Novagalicia Banco mediante o impreso 48/2 da USC.
 
9.-        Podo facer o ingreso dos dereitos de exame por medio dunha transferencia bancaria?
Non. Só é posible facer o ingreso no banco e utilizando o impreso 48/2 da USC.
 
10.-      Podo efectuar o ingreso dos dereitos de exame de varios candidatos cun mesmo impreso?
Non. Cada candidato terá que ingresar os dereitos de exame cun impreso 48/2 propio. O resgardo, (exemplar para o interesado) selado por Novagalicia Banco, é o teu xustificante de inscrición nas probas.
 
11.-      Podo solicitar a anulación da inscrición nas probas?
Si. Pero tes que facelo por escrito (clmgoethe@usc.es ou clm@usc) e dentro dos prazos establecidos. Dentro dese prazo tes dereito á devolución do 85% do importe abonado, fóra de prazo non tes dereito a devolución ningunha.
 
 
D.-       TARIFAS
 
12.-    Podo beneficiarme da tarifa máis reducida se no pasado fun alumno/a do CLM?
Si, sempre e cando teñas aprobado como mínimo un curso regular de lingua alemá do CLM. Nese caso tes que incluír na túa documentación de inscrición unha copia do certificado do CLM.
 
13.-    O dito no apartado anterior tamén é aplicable ós módulos do Centro de Recursos de Idiomas?
Si.
 
E.-       INFORMACIÓN E PREPARACIÓN
 
14.-     Que preparación ofrece o CLM para os exames do Goethe-Institut?
Os cursos regulares do CLM están enfocados a acadar os niveis A1, A2 e B1 do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas.
 
15.-     Que información ofrece o Goethe-Institut para os seus exames?
O Goethe-Institut ofrece información detallada sobre as normas dos exames e o seu procedemento, así como da súa equivalencia e do seu recoñecemento internacional. É útil e recomendable coñecer esta información.
 
16.-     Que preparación ofrece o Goethe-Institut para os seus exames?
O Goethe-Institut ofrece cursos de preparación específica e modelos de exame para ver e escoitar en liña ou para descargar.
 
 
F.-       O DÍA DO EXAME
 
 17.-     Que teño que levar o día do exame?
Tes que levar un documento de identidade (D.N.I, pasaporte ou carné de conducir) e recomendámosche que tamén leves o xustificante do ingreso dos dereitos de exame (exemplar para o interesado do impreso 48/2). Deberías ter contigo un reloxo para poder controlar o tempo das probas, xa que non o poderás facer co reloxo do móbil (que terá que estar desconectado). Recorda tamén ter contigo un bolígrafo ou pluma, con tinta azul ou negra.
 
18.-      A proba escrita e a proba oral teñen lugar o mesmo día?
Non. As partes escrita e oral faranse en días distintos, a primeira en quenda de mañá e a segunda en quenda de mañá e tarde. Non obstante, e de xeito excepcional, a proba oral pode ser celebrada o mesmo día que a proba escrita.
 
 
G.-       RESULTADOS E CERTIFICACIÓNS
 
19.-      Cando saberei os resultados das probas?
Na segunda quincena de setembro colgaranse as notas nesta mesma páxina web.
 
20.-      Cando recibirei o certificado oficial de ter superado o exame?
            No mes de novembro.
 
21.-      Onde podo recoller o meu certificado?
No Negociado do CLM, no Campus Vida (Casa dos Catedráticos. Avda. das Ciencias s/n 1º C) en horario de 9:00 a 14:00 horas, ben persoalmente, ben por medio dunha terceira persoa debidamente autorizada (por escrito). Tamén podes recibilo por correo postal certificado, o que terás que solicitar enviando un correo electrónico ao seguinte enderezo: clmgoethe@usc.es. Se che resulta máis práctico recollelo en Lugo, podes solicitar que che sexa enviado ao CLM do Campus de Lugo (Facultade de Humanidades, Aulario do Complexo Docente) e recollelo alí.
 
22.-      Onde podo obter aínda máis información?
Calquera dúbida que teñas poderás consultala enviando un correo electrónico ó enderezo: clmgoethe@usc.es.
 
23.-      Onde podo obter información sobre outros exames do Goethe-Institut?
            Na páxina web do Goethe-Institut.

 Actualizado o 9.3.2012