O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC ten o pracer de informar que o 19 de xullo
remataron, coa entrega de diplomas a case
300 alumnos matriculados, os cursos intensivos de verán de iniciación en
árabe, chinés, euskera, grego moderno, italiano, xaponés, lingua de signos, polaco,
portugués e
ruso no Campus de Santiago e en
alemán,
lingua de signos e
portugués en Campus de Lugo, e cursos de
inglés e de
francés en ambolos dous Campus que eran concibidos para seren útiles na
preparación dos exames de acreditación do nivel B1 segundo o MECR.
Como novidade, ofertouse un curso intensivo de iniciación á lingua
euskera. Deste modo, xunto con cursos de
galego para non galegofalantes,
español como lingua estranxeira e
catalán, o CLM organizou ao longo do ano académico cursos das 4 linguas oficiais
do estado español e complementou a oferta dos cursos de
galego e
español para estranxeiros, impartidos na USC neste verán.
Estes cursos desenvolvéronse en horario de 9:30 a 13:45 polas mañás e de 15:30 a 19:45
horas polas tardes, dende os día 8 de xullo de 2013, nas aulas das facultades da USC do Campus de
Santiago e de Lugo e estiveron dirixidos en primeiro lugar a alumnos da USC que vaian ir a
unha universidade estranxeira cunha bolsa dos programas de mobilidade durante o curso 2013-2014
aínda que tamén estiveron abertos a outras persoas con interese nas citadas linguas así como a
alumnos de ensino secundario que cumprisen ao longo de 2013 dezaseis anos. Trátouse dunha oferta
formativa na que se deu maior importancia á práctica das destrezas orais.
Avance cursos intensivos de verán do CLM da USC 2014
Aparte das linguas impartidas neste verán a convocatoria próxima volverá a incluír os cursos
de
catalán, checo,
danés,
eslovaco,
húngaro e como novidade introduciránse cursos específicos como
inglés para fins cadémicos, que serán útiles para estudantes con bolsas de
mobilidade.
Os interesados que necesitan mais información e/ou están interesada/os nas convocatorias
próximas, poden consultar esta web, Facebook, poden chamar entre as 11:30 e as 14:00 horas ao
teléfono 8818 14443, escribirnos ao enderezo electrónico
clm@usc.es ou visitarnos na Casa dos Catedráticos, 1º C, Avenida
das Ciencias, Campus Vida, Santiago de Compostela ou nas instalacións do CLM na facultade de
Humanidades en Campus de Lugo.