Noken
Exame oficial de nivel da lingua xaponesa
Presentación
O exame oficial de nivel da lingua xaponesa é coñecido co nome NOKEN (Nihongo nōryoku shiken)” en España. É un exame empregado para valorar o coñecemento do idioma xaponés. Este exame NOKEN está tutelado e organizado a nivel mundial pola Japan Foundation e a Japan Educational Exchanges and Services (JEES), que son organismos oficiais dependentes do goberno xaponés con competencias culturais. O exame NOKEN realízase unha vez ao ano en España e ten lugar no primeiro domingo de decembro de cada ano.
O certificado oficial do exame NOKEN ten validez internacional e tamén é recoñecido en todo o mundo como a proba oficial de ter alcanzado un determinado nivel de coñecemento da lingua xaponesa. O exame NOKEN outorga ás persoas que o teñan superado un importante valor curricular á hora de formarse en calquera Universidade xaponesa, solicitar calquera bolsa educativa ao goberno xaponés ou para traballar en calquera empresa xaponesa, radicada en Xapón.
Convocatoria 2013
Información _Noken_2013_USC [pdf - 375 kb][Actualizado: 7/5/13]
Convocatoria 2012
1. EXAMES
- NOKEN N1 (nivel Avanzado)
- NOKEN N2 (nivel Medio alto)
- NOKEN N3 (nivel Medio)
- NOKEN N4 (nivel Básico)
- NOKEN N5 (nivel Básico-plataforma)
1-1. Descrición dos niveis e duración das probas
NOKEN Descrición dos niveis [pdf - 176 kb][Actualizado: 4/6/12]
1-2. Data do exame:
Día 2 de decembro de 2012
1-3. Taxas do exame:
60 euros
¡Atención!
"Cada sede ten a súa propia conta bancaria e os seu propios requisitos á hora de cubrir o comprobante de pagamento. Por favor, consulte as instrucións de pagamento da sede na que quere realizar o exame. Non será posible retomar a cantidade aboada baixo ningún concepto"
2. INSCRICIÓN
2-1. A inscrición realízase en liña (Pechado)
- O proceso de inscrición realizase en liña, desde o dia 3 de setembro ata o dia 1 de outubro de 2012, a través da páxina web: http://www.jlpt.es
3. PAGAMENTO DAS TAXAS DO EXAME
O pago das taxas realizarase mediante ingreso bancario e deberá realizar o pago na sede onde desexe realizar o exame.
Ingreso na sede: Universidade de Santiago de Compostela
- Enviar ou levar o comprobante do pago selado polo banco (orixinal) ao Negociado del Centro de Linguas Modernas da USC, situado na Avda das Ciencias s/n, Casa dos Catedráticos 1ºC - Campus Vida, Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:00h a 14:00h.
4. DESPOIS DE REALIZAR A INSCRICIÓN E O PAGO
- Os que estean matriculados no Exame OKEN na sede de Santiago de compostela recibirán o Test Voucher (folla de inscrición) e o folleto informativo para o día do exame, por correo electrónico, entre finais de outubro e principios de novembro.
- O Test Voucher debeá imprimirse polo examinado antes do exame, xa que este documento serve de identificación ao examinante, sendo imprescincible presentalo o día do exame.
5. HORARIO E LUGAR DOS EXAMES
3º andar da Facultade de Filoloxía, Campus Norte, Santiago de Compostela
(Avda. de Castelao s/n, Santiago de Compostela)
- O folleto explicativo para o día do exame NOKEN (PDF)
Folleto para el dia del examen NOKEN 2012_USC [pdf - 467 kb][Actualizado: 30/10/12]
|
NOKEN
|
Día
|
Hora
|
Aula
|
|
NOKEN N1
|
02/12/2012
|
Exame: vocabulario, comprensión lectora e gramática
9:25 h - 11:25 h
Exame : comprensión auditiva
12:20 h - 13:30 h
|
24
|
|
NOKEN N2
|
02/12/2012
|
Exame: vocabulario, comprensión lectora e gramática
9:25 h - 11:20 h
Exame: comprensión auditiva
12:20 h - 13:20 h
|
23
|
|
NOKEN N3
|
02/12/2012
|
Exame : vocabulario
9:30 h - 10:10 h
Exame: comprensión lectora e gramática
10:40 h - 12:00 h
Exame : comprensión auditiva
12:30 h - 13:25 h
|
21
|
|
NOKEN N4
|
02/12/2012
|
Exame : vocabulario
9:30 h - 10:10 h
Exame : comprensión lectora e gramática
10:40 h - 11:50 h
Exame: comprensión auditiva
12:30 h - 13:20 h
|
20
|
|
NOKEN N5
|
02/12/2012
|
Exame vocabulario
9:30 h - 10:05 h
Exame: comprensión lectora e gramática
10:45 h - 11:45 h
Exame: comprensión auditiva
12:30 h - 13:10 h
|
19
|
6. NORMAS PARA O DÍA DO EXAME
- É obrigatorio estar no Centro de exame para a identificación ás 9: 00 h. Ata esa hora non se abrirán as portas da Facultade.
- Realizar o rexistro na mesa que indica o nivel ao que se presenta para o exame.
- Non se permitirá a entrada na aula 10 minutos despois do inicio de cada parte do exame, salvo que se teña un causa xustificada.
- Na parte da comprensión oral (auditiva), non se poderá entrar na aula unha vez se poña en marcha o CD.
- Antes de entrar na aula debe amosar o seu Test Voucher e algún documento oficial con foto que demostre a súa identidade ao examinador
- É imprescindible levar:
- O Test Voucher impreso
- Algún documento oficial de identificación persoal con foto (DNI, NIE, Carné de conducir o Pasaporte utilizado para a inscrición)
- Lapis (2 o HB), goma de borrar e afialapis. (Non se pode usar bolígrafo no exame, porque o exame non se poderá corrixir)
Motivos de expulsión
Para evitar problemas durante a realización do exame haberá que observar os seguintes puntos:
- Os teléfonos móbiles , reloxos con alarma ou calquera aparato electrónico que emita son deben estar totalmente desconectados durante a realización da proba. Non basta con silencialos, xa que podería producir interferencias no exercicio de comprensión oral. Se soa algún móbil, o responsable será expulsado de forma inmediata.
- Ter algún tipo de apuntamentos, notas ou dicionarios á vista
- Copiar ou intercambiar información cun compañeiro
- Molestar a outros examinantes
- Non seguir as instrucións do inspector do exame reponsable da sala tamén resultará motivo de expulsión
7. NOTIFICACIÓN DOS RESULTADOS DO EXAME
- Notificaranse os resultados do exame do 2012 a todos os examinados a fins de febreiro de 2013
- Aqueles examinados que superen o nivel ao que se presentaron recibirán un certificado de aptitude
- Nin a sede local, nin a Fundación Xapón responderán a preguntas que versen sobre o resultado particular dun exame
(Actualizado o 31 /10 /2012)