Servizo de Contabilidade, Orzamentos e Tesouraría
Manual de axuda para cubrir o formulario de orde de aboamento
- Para desprazarse dun campo a outro, utilizar a tecla de tabulación ou ben o rato. Se se preme a tecla “intro” o sistema interpreta que xa se rematou de cubrir o formulario.
- Por defecto, a data que aparece é a data actual. Se é preciso pódese modificar.
- A numeración do formulario é automática, para evitar duplicados. O número asignado é o que servirá como “número de factura” no programa de contabilidade auxiliar “e-Sicus”
- A información dos campos marcados con (*) é obrigatoria cubrila.
- A conta bancaria débese introducir cos 20 díxitos. Para contas bancarias do estranxeiro débense ademais indicar os códigos SWIFT e IBAN.
- Os importes débense introducir sempre con dous díxitos decimais.
- O importe líquido é calculado polo sistema. Tamén é calculada a porcentaxe de retención que se aplica, de ser o caso.
- Cando se aplica un desconto sobre o importe íntegro débese indicar sempre o seu concepto; por exemplo “Retención IRPF”
- Calquera explicación adicional pódese escribir no campo “Comentarios”. Cando se acompañen documentos adicionais para xustificar a operación esta circunstancia débese indicar no citado campo.