Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de deportes  »  Alta de usuario

Alta de usuario/a de deportes

Curso 2013/14

Normativa

 

Procedemento de alta

 

Realizar a alta

 

Normativa

Para acceder a calquera dos apartados da oferta deportiva da USC: cursos e escolas deportivas, práctica libre, competicións universitarias, Club USC e outras para as que así se estableza, é necesario darse de alta como usuario/a de deportes da USC.
Sen esta alta só pode accederse de maneira esporádica a algunhas instalacións mediante o pago dunha entrada.

 

Período de validez

A alta de usuario ten validez durante un curso académico, segundo o calendario escolar da USC.
O curso  deportivo 2013-14 comeza o 1 de setembro de 2013 e remata o 31 de xullo de 2014.

Categorías

A efectos de tarifas e de dereitos de acceso aos distintos programas da oferta deportiva os usuarios/as de deportes divídense en 3 categorías (ver táboa abaixo). Para darse de alta o/a usuario/a acreditará unha destas categorías presentando a documentación que se indica na táboa.

 

CATEGORÍAS
DOCUMENTACIÓN (*)
Imprescindible presentar algún dos seguintes documentos: DNI, pasaporte, carné de conducir, libro de familia.
A
 -Estudantes matriculados en titulacións oficiais ou propias en centros da USC, adscritos ou vinculados. Estudantes matriculados en cursos de formación continua na USC.
 -Folla de pagamento de taxas (documento acreditativo do Terceiro Ciclo, de ser o caso) (1).
  
 -Alumnos/as de programas de intercambio
 -FAI CONSTAR do coordinador de dito programa (1).
 -Bolseiros/as.
 -Nomeamento.
-PAS e PDI da USC.
-Certificado do servizo correspondente ou última nómina (1).
-Cónxuxes e fillos/as ao seu cargo de persoal da USC (2).
-Ademais libro de familia e/ou documento/s acreditativo/s.
-Xubilados/as da USC.
-Certificado do Servizo de Xestión de Persoal.
-Viúvos/as e orfos/as (2) de traballadoras/es da USC.
-Certificado do Servizo de Xestión de Persoal e libro de familia e/ou documento/s acreditativo/s.
B
-Ex-alumnos/as (mínimo de 3 anos cursados na USC).
 
-Constancia de matrícula, certificado de estudos ou titulación expedida pola USC (diplomatura, licenciatura ou grao) (1).
-Persoal do CSIC, UNIXEST e asimilados/as.
-Certificado e documento acreditativo, respectivamente.
-Persoal da Fundación USC Deportiva.
-Documento acreditativo.
-Profesores/as do CAP e colaboradores docentes.
-Certificado do servizo correspondente (3).
-Alumnos/as de bacharelato e ciclos de grao superior
-Resgardo de matrícula.
-Menores de 18 anos DNI ou libro de familia (menores de 14 anos).
 
C
Maiores de 18 anos (non vinculados/as a USC nin ao bacharelato).
(*)Salvo que xa conste no servizo neste curso.
(1)  Presentarán a documentación acreditativa no caso de non atoparse na búsqueda nas bases de datos da USC.
(2)Inclúense nesta categoría os menores de idade en situación de acollemento familiar permanente ou preadoptivo.
(3)Presentarán a documentación acreditativa de non figurar nos listados do Servizo de Planificación de Persoal Docente e Investigador. Nesta categoría inclúese aos colaboradores externos de másteres oficiais.

Cotas de alta

 

Categoría
A
B
C
Prezo
0 €
4 €
6 €
 

  

Tarxeta universitaria de identidade (TUI) e usuarios de deportes

O sistema de control de acceso ás instalacións deportivas realizase mediante a presentación da TUI:
Ø Os membros da comunidade universitaria utilizarán a súa TUI.
Ø Ás persoas alleas á USC, que non dispoñan de TUI, o Servizo de Deportes facilitarálle unha TUI de usuario da USC.
Por tanto, as persoas que non dispoñan de TUI deberán solicitala ao tempo que se dan de alta como usuarios de deportes, cubrindo os impresos correspondentes e entregando unha fotografía orixinal tamaño carné.

 

Regulamento

1.    Todos os usuarios de deportes que accedan ás instalacións deportivas da USC deberán dispor dunha TUI e presentarana sempre en cada acceso.
2.    O persoal do Servizo de Deportes pode requerir, en caso de dúbida, a presentación doutro documento identificativo (DNI, Pasaporte ou Carné de conducir).
3.    Ás persoas alleas á comunidade universitaria entregaráselles unha tarxeta provisional en canto non se recibe a súa TUI definitiva e personalizada.
4.    No momento de entrega da tarxeta definitiva o usuario deberá devolver ao Servizo de Deportes a tarxeta provisional.
5.    Non devolver a tarxeta provisional cando se recibe a definitiva ou solicitar unha nova tarxeta por extravío, deterioro ou roubo conlevará un pago de 2 €.
6.    O uso da TUI, definitiva ou provisional, é persoal e intransferible. A cesión a outra pesoa e o uso dunha tarxeta allea implicará a baixa do usuario no Servizo de Deportes sen dereito a ningunha devolución, ademáis doutras responsabilidades nas que se poida incurrir por uso fraudulento da mesma. 

 

Procedemento de alta de usuario/a de deportes

Pódese solicitar a alta nas oficinas do Servizo de Deportes, nas conserxarías das instalacións deportivas e tamén a través do web.

 

Procedemento a través do web:

O/a usuario/a deberá ler con atención e seguir as indicacións que saen nas sucesivas ventás, xa que o procedemento é diferente segundo a categoría e subcategoría.

Moitos/as usuarios/as teñen a posibilidade de finalizar completamente a súa alta, se as comprobacións automáticas son posibles e non se precisa pago ou este se realiza a través da TPV virtual: membros da USC, exalumnos, maiores de 18 anos na segunda vez e seguintes.

Outros/as usuarios/as, aínda que realicen o pago por TPV virtual, deberán enviar ao servizo de deportes a copia do documento de alta e documentación xustificativa da pertenza á subcategoría sinalada para que se active o seu usuario. O servizo de deportes activará as altas das que se reciba toda a documentación correcta nun prazo máximo de 48 horas.

Non esqueza nunca gardar os documentos de alta e as credenciais de usuario/a de deportes (só usuarios alleos á USC) para posteriores xestións.

Resolveremos as súas dúbidas nos teléfonos 881815071 / 15073.

 

Alta de usuario

   

 

Procedemento presencial:

  1. Encher o impreso de alta de usuario cos datos persoais.
  2. Asinar no apartado de autorización e  declaración de responsabilidade. No caso de menores de idade asinará o pai/nai ou titor.
  3. Acreditar a categoría cos documentos que se indican na táboa de categorías (agás estudantes, PAS e PDI que xa figuren nas bases de datos da USC).
  4. Facer o pago correspondente (agás categoría A) mediante:
    1. Ingreso bancario nunha oficina de Novagalicia Banco.
    2. Tarxeta bancaria nas oficinas ou instalacións.
  5. Cubrir a solicitude de TUI de usuario da USC e entregar unha fotografía orixinal tamaño carné (agás que xa dispoña de TUI).

 

Documentos a presentar no Servizo de Deportes (oficinas ou instalacións):
  1. Documento identificativo: DNI, Pasaporte, Carné de Conducir ou Libro de Familia.
  2. Documentos acreditativos da categoría, de ser o caso*.
  3. TUI, se xa a posúe.
  4. Fotografía orixinal tamaño carné se non é membro da USC e precisa solicitar TUI de usuario da USC.

 

*Nas seguintes subcategorías só é preciso presentar a documentación acreditativa a primeira vez que se dea de alta como usuario/a de deportes da USC:
  • Fillo/a de PAS ou PDI, se non cambia o familiar vinculado á USC.
  • Ex-alumno/a.
  • Menores de 18 anos.
  • Maiores de 18 anos alleos á USC.