Actividades externas con descontos para a USC
As inscricións faranse na Oficina de Deportes do Campus de Lugo desde o día 13 de outubro.
Actividades:
- Taekwon-do: Grupos de nenos, xuvenís e adultos; dous días a semana. O prezo é de 25 €/mes.
- Padel: Actividade que se desenvolve no Club Padel Nuestro, no Polígono do Ceao. Con precios especiais para universitarios. Esta instalación tamén conta con ximnasio e sauna.
- Hípica: Cursos mensuais no Club Hípico Equus, con cursos de iniciación e perfeccionamento, e tamén actividades para nenos no “Pony Club”.
- Corre con nós: A Universidade de Santiago ten un equipo de atletismo de membros da comunidade universitaria para participar de xeito gratuíto no Circuíto de carreiras Corre con nós que organiza o Concello de Lugo.
- Club Fluvial de Lugo: A USC ten suscrito un convenio co Club Fluvial de Lugo para poder facer uso a prezo reducido das súas instalacións aos alumnos de 1º e 2º ciclo dende as 08.00 até as 17.00 h. Esta instalación conta con piscina climatizada, ximnasio e sauna.
- Outros deportes: Durante o ano, levaránse a cabo cursos puntuais de distintas disciplinas deportivas, que serán anunciados no seu momento.
O inicio das actividades será o luns 3 de outubro, e teremos xornadas de “portas abertas” até o 14 de outubro, onde poderedes tomar contacto coas mesmas. As actividades están condicionadas a un número mínimo de inscricións. O prazo de inscrición nas actividades será a partir do día 26 de setembro, teredes que facer a “alta de usuario” na páxina web do Servizo de Deportes e despois xa vos podedes matricular nas distintas actividades.
Para inscribirse en calquera actividade deportiva é necesario estar dado de alta como USUARIO DE DEPORTES da USC para este curso academico (desde setembro de 2011 a agosto de 2012).
Importes:
|
CAT. A: 0 €
|
CAT. B: 4 €
|
CAT. C : 6 €
|
Máis informacións en: http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/normativas
A formalización da inscrición implicará o acatamento das instruccións do profesorado e a obriga de respetar as normas de utilización da instalación. O seu incumprimento será causa de baixa nas actividades.
A Universidade de Santiago resérvase o dereito de modificar as normas se as necesidades do Servizo o fan necesario.