Data do evento: Domingo, 13 de outubro de 2013
Fin do prazo de inscrición: Xoves, 10 de outubro de 2013
O domingo 13 de outubro de 2013, xunto coa proba do CorreSan que vai desde a Cidade da Cultura ata o multiusos de San Lázaro, farase unha clasificación especial correspondente á I PROBA DE ATLETISMO EN RUTA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO.
Este evento é o colofón á semana de portas abertas que desde o día 1 de outobro celebra a Universidade para dar a conocer as súas intalacións e oferta deportiva para este curso 2013-2014.
Todos os que queiran tomar parte nesta clasificación deberán estar inscritos ou incribirse no CorreSan de Santiago. Pode obter máis información na web da federación de atletismo http://www.fgatletismo.es/santiago/ ou no propio regulamento da actividade.
Unha vez feita a inscrición deberán enviar un correo electrónico a deporsec@usc.es no que indiquen a súa intención de participar neste evento xunto co seu nome, apelidos e número de DNI.
Arquivos adxuntos:
Ligazón externa: