Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de deportes  »  Normativas  »  Normas para facerse usuario e acceder á práctica libre nas instalacións deportivas da USC

Acceso á práctica libre

Aquelas persoas que desexen utilizar as Instalacións Deportivas para realizar unha práctica deportiva autodirixida con fins de saúde, lecer ou rendemento deberán adquirir os pases , bonos ou billetes de entrada/reserva para a instalación que interese.

 

Bonos e pases

Só poden adquirir pases e bonos as persoas dadas de alta como usuarias de deportes da USC e que cumpran os requisitos esixidos para o uso da instalación en cuestión.

As adquisicións faranse nas oficinas e nas instalacións do Servizo de Deportes mediante o seguinte procedemento:

  1. Presentar un documento identificativo e a TUI ou Tarxeta de Usuario da USC.
  2. Presentar os documentos específicos que se requiran para a expedición dos pases en cuestión.
  3. Realizar o pago con tarxeta por TPV ou ir pagar a unha oficina bancaria entregando posteriormente o xustificante de pago.

 

Entradas e reservas

As solicitudes e adquisicións faranse nas  conserxarías das instalacións.

Os usuarios de deportes da USC presentarán a TUI.

As persoas non usuarias de deportes da USC pagarán a taxa xeral para usuario non rexistrado e non poderán acceder ás instalacións restrinxidas a usuarios de deportes.

Pódense realizar os pagos en efectivo, se non sobrepasa os 10 €, por TPV, ingreso bancario , ou por consumo de bono.

Non se admitirán anulacións con devolución do importe das entradas e das reservas realizadas, agás as que sexan por causas imputables á USC ou as reservas que se paguen por bono e se anulen 24 h. antes da hora de uso.

 

Titularidade:

Os pases e bonos só poderán ser utilizados pola persoa titular destes. No caso de dúbidas sobre a identidade do portador da TUI, este debe achegar un documento identificativo (DNI, pasaporte ou carné de conducir) cando sexa requirido polo persoal da instalación.

 

Validez:

Os pases e os bonos só serán válidos durante o período de validez establecido e sempre e cando o titular sexa usuario de deportes da USC no curso en que se queira utilizar.

 

Importante:

Os usuarios/as deben utilizar as instalacións de maneira responsable respectando sempre as normativas.

 

  • Eventos
  • Novas