Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de deportes  »  Campus de Santiago  »  Actividades  »  actividades concertadas  »  padel

PADEL

O Servizo de Deportes da USC ven de concretar un acordo coa empresa PADEL COMPOSTELA (http:// www.padelcompostela.es), que dispón de 4 pistas de padel.

O acordo establece unha mellora económica sustancial para todos os membros da comuidade universitaria (Categoría A), nos seguintes horarios:

  • De luns a venres (excepto festivos) de 10:00 a 13:00 h.: 7 €/ hora por pista, (2 ou 4 usuarios).
  • De luns a venres (excepto festivos) de 13:00 a 23:30 h.: 20 €/ hora por pista, (2 ou 4 usuarios). 
Os requisitos son os seguintes:
  • Pertencer á comunidade universitaria (categoría A):
    • Estudantes matriculados en titulacións oficiais ou propias en centros da USC, adscritos ou vinculados. Estudantes matriculados en cursos de formación continua na USC.
    • Alumnos/as de programas de intercambio.
    • Bolseiros/as.
    • PAS e PDI da USC.
    • Xubilados/as da USC.
    • Cónxuxes e fillos/as ao seu cargo (de persoal da USC) (*).
    • Viúvos/as e orfos/as (*) de traballadoras/es da USC.

(*) Inclúense nesta categoría os menores de idade en situación de acollemento familiar permanente ou preadoptivo.

  • Estar dado de alta comoUSUARIO DE DEPORTES no curso 2011-2012.
  • Inscribirse na actividade na Oficina de Deportes da USC (Piscina universitaria, 1º andar), onde se lle dará unha acreditación para presentar nas instalacións de PADEL COMPOSTELA (rúa Eslovaquia, 6 baixo – polígono de Costa Vella).