Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de deportes  »  Campus de Santiago  »  Actividades  »  Asesoría deportiva

Asesoría deportiva

A asesoría deportiva da USC é unha iniciativa que nace cara ao curso 2011/2012 coa vontade de axudar a que as persoas teñan unha maior calidade de vida a través da actividade física e unha alimentación correcta.

Ten como finalidade lograr que a comunidade universitaria da USC e a poboación do ámbito das cidades de Santiago de Compostela e Lugo gocen dun estilo de vida o suficientemente activo para conservar a saúde e a autonomía persoal, gozando de maior benestar,  previndo e reducindo a presenza de enfermidades crónicas non transmisibles relacionadas coa inactividade física.

Este servizo de asesoramento está aberto a persoas de todas as idades. O persoal do Servizo de Deportes da USC e os seus colaboradores, licenciados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e outros técnicos cualificados, póñense á túa disposición para recomendarche as opcións que máis se axeiten ás túas posibilidades e intereses.

Segundo os teus obxectivos, requirimentos, condicións, etc., confeccionarémosche o teu plan personalizado, estando á túa disposición para resolver calquera dúbida ou problema xa sexa referente ao teu plan ou sobre calquera outro aspecto que nos queiras consultar sobre a  elección de actividades para comezar, cambiar ou coñecer outras novas e buscar o espazo saudable máis conveniente para levala a cabo en función das túas circunstancias,...

Os nosos obxectivos:

-      Axudar a conseguir o que te propoñas: Perder peso, aumentar ou definir a túa masa muscular, eliminar stress, mesmo se queres aumentar o teu rendemento e/ou prepararte para algunha competición ou para algunha oposición.

-      Dar seguridade, supervisando e marcando pautas, sobre todo, para non facer nada mal cando se adestre.

-      Adquirir hábitos saudables.

-      Mellorar ou manter a saúde e a autonomía persoal. Por exemplo, evitando ou paliando as molestias físicas producidas polo traballo.

-      Previr ou reducir a presenza de enfermidades crónicas non transmisibles relacionadas co sedentarismo.

-      Obter beneficios engadidos como deixar de fumar ou, polo menos, reducir o tabaquismo, manter un cerebro san na vellez así como unha vida socialmente máis activa...  

 

Ligazóns

  • Eventos
  • Novas