Bono de sendeirismo 2011-2012
- Para facilitar a inscrición nos roteiros de sendeirismo programados, a Área de Deportes da USC crea os BONOS DE SENDEIRISMO de 10 e de 5 usos.
- Enténdese por uso de cada bono ao importe que corresponde a cada un dos días das rutas celebradas (de 1 ou 2 días).
- Exclúese do valor do bono o importe dos gastos de hospedaxe e manutención e as saídas de máis de 2 días.
- O bono da dereito á inscrición do seu posuinte en cada unha das rutas programadas polo Servizo de Deportes, (sempre dentro dos períodos de inscrición establecidos). Esta inscrición pódese facer telefónicamente ou a través da nosa páxina web: http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/matricula.html
- A vixencia dos bonos é desde o 17 de setembro de 2011 (día da primeira ruta)ata o 31 de agosto de 2012, unha vez pasado este período pérdense os usos non consumidos.
- O bono debe tramitarse nas Oficinas do Servizo de Deportes da USC, sitas no edificio da Pisicna Universitaria no 1º andar, en horario de 9:00 h. a 14:00 h.
- O importe dos bonos de sendeirismo é o seguinte, en función das categorías:
- BONO DE 10 USOS:
- Categoría “A”: 159 €
- Categoría “B”: 230 €
- Categoría "C": 270 €
- BONO DE 5 USOS:
- Categoría “A”: 84 €
- Categoría “B”: 121 €
- Categoría "C": 143 €
Para inscribirse en calquera actividade deportiva é necesario estar dado de alta como USUARIO DE DEPORTES da USC para este curso academico (desde setembro de 2011 a agosto de 2012).
Importes:
| CAT. A: 0 € |
CAT. B: 4 € |
CAT. C : 6 € |