Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de deportes  »  Campus de Santiago  »  Actividades  »  Natureza  »  Roteiros de sendeirismo

Actividades en Semana Santa (do 5 ao 8 de abril): La Pola de Gordón (León)

PA270187

 

Lugar: La Pola de Gordón (León).

Saída de Santiago: 5 de abril, xoves, ás 8:00 h.

Regreso: 8 de abril, domingo, ás 21:30 h. (aprox.).

Aloxamento: en media pensión no Hostal Fontañán (http://www.hostalfontanan.com).

As cenas serán en Casa Senén, en Vega de Gordón, a 2 km do hostal. Faremos uso do autobús para desprazarnos ata el.

Prazas: máximo 30, mínimo 25 persoas.

Incricións: a partir do 13 de febreiro ata o 30 de marzo, ou ata esgotar as prazas, se éstas se esgotan antes.

Importe: (inclúe o viaxe, a estancia en media pensión e os deprazamentos diarios no autobús para facer as rutas, que se farán en compañía de 2 monitores):

  • Categoría A: 220 €.
  • Categoría B: 241 €.
  • Categoría C: 256 €. 

A inscrición poderase facer en 2 prazos nas OFICINAS DE DEPORTES: preinscrición 120 € e o resto antes do 21 de marzo, (o fraccionamento dos pagos non se pode facer a través da web).

 

Disporase do autobús para poder desprazarnos, se fose preciso, aos lugares de inicio das distintas rutas.

Reunión Informativa: luns 2 de abril, ás 20:00 h. na sala de xadrez (piscina universitaria).

 

INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA:

 

Visitamos nesta ocasión a montaña central leonesa, máis concretamente o concello de La Pola de Gordón, que forma parte da Reserva da Biosfera Alto Bernesga, formada polos concellos de La Pola e Villamanín, cunha extensión total de 33.442 ha.

Toda a zona conta cun alto valor paisaxístico, natural e cultural.

As rutas a realizar aínda están por definir. En calquera caso, serán rutas de dificultade media, que, sin ser excesivamente longas, poden ter desniveis fortes en puntos concretos xa que a zona é montañosa.

Tamén aproveitaremos a ocasión para facer unha visita á cova de Valporquero (importe: 6,40 €, que deberá aboar cada un dos sendeiristas directamente, antes da entrada na cova) e á cidade de León.

Información sobre o La Pola de Gordón:     http://www.ayto-lapoladegordon.es/inicio/

Información sobre a Reserva da Biosfera:    http://www.altobernesga.info/

Información sobre León:                               http://leon.es/

Información sobre a cova de Valporquero:   http://www.cuevadevalporquero.es/

  

A comezos de marzo publicarase información sobre as rutas que se realizarán na nosa web:

http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/index.html

 

Nota:

Dadas as características desta saída, non son aplicables os BONOS DE SENDEIRISMO.

En caso de non acadar o mínimo de participantes necesarios, procedarase á devolución do seu importe. 

 

A comezos de marzo publicarase información sobre as rutas que se realizarán na nosa web: http://fxc.usc.es/gl/servizos/deportes/descargas/pdfescolas/info_s__santa.pdf

  • Eventos
  • Novas