Saltar ao contido principal
Inicio  »  Servizos  »  Servizo de deportes  »  Campus de Santiago  »  Actividades  »  Natureza  »  Roteiros de sendeirismo

Rutas de sendeirismo - febreiro

PA270187

Sábado, 11

Nacemento do Miño. Serra de Meira e A Pastoriza

Hora de saída:           09:00 h. Parada en Lugo (facultade de Veterinaria), ás 10:15 h. aprox.

Hora de regreso:       19:30 h. aprox.

Lonxitude da ruta:    18 km  aprox.

Desnivel:                     baixo.

Dificultade:                media (pola lonxitude, tamén pode haber lama nos camiños). 

Iniciamos o noso percorrido o no Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño. A ruta é en xeral suave e levadeira. Vai seguindo o curso do río, entre paisaxes bucólicas e relaxantes, pasando por numerosos puntos de interese, como Meira, Fonmiñá, o castro de Sá, a ponte vella de Miñoto e o mesmo pedregal onde nace o río.

Comeza o itinerario no concello de Meira e remata na Pastoriza na área recreativa de Baltar.
Parte do sendeiro (o que pertence ao tramo da Pastoriza) está sinalizado e forma parte da rede galega de sendeiros homologados: o PR-G-153.
Ten un alto interese paisaxístico e natural.
 

Sábado, 25

Sendeirismo na Pobra do Broullón

Hora de saída:           09:00 h.

Hora de regreso:       19:30 h. aprox.

Lonxitude da ruta:    20 km  aprox.

Desnivel:                     medio.

Dificultade:                media. 

Fermosísimo e abraiante percorrido por este concello do sur de Lugo, situado no límite xeográfico da serra do Caurel. As paisaxes son moi variadas: montes, ríos, altos cumios... Ten un altísimo interese natural, sirva como exemplo a súa enorme biodiversidade provocada quizais por certa influencia mediterranea, climatolóxicamente falando.  

Destaca neste aspecto un tramo de 3 km á beira do río Lor. E tamén ten un alto interese cultural e etnográfico xa que pasamos por aldeas abandoadas, a ponte de Barxa, o antigo complexo mineiro de A Lama de orixe romano , e algún que outro castro.
Algún pequeno tramo do percorrido coincide co Camiño de Santiago de inverno que entra en Galicia pola zona de Valdeorras.
 

Domingo, 26

Ruta pola Illa de Arousa (repetición)

Nesta ruta faremos todo o perímetro da Illa, comezando a camiñar no peirao de Arousa en dirección norte, en sentido contrario ás agullas do reloxo. Durante o percorrido veremos zonas dun alto interese natural e moi ben conservadas, por exemplo a zona do Carreirón, situada ao sur da Illa. É salientable o número de aves que veñen a pasar o inverno a esta zona.

Ao rodear toda a Illa, a paisaxe é fermosísima e moi cambiante: a zona do Barbanza, A Pobra do Caramiñal, O Grove, Cambados, Vilanova....
Cruzaremos algunha praia, zonas rochosas e coídos, aínda que en xeral os camiños son bos.

Hora de saída:           09:00 h.

Hora de regreso:       19:30 h. aprox.

Lonxitude da ruta:    23 km  aprox.

Desnivel:                     non ten.

Dificultade:                media ( a dificultade ven dada polo terreo irregular nalgúns puntos e a lonxitude). 

 

Nota importante: en caso de anulación, ésta será admitida ata o mércores antes da ruta e sempre coa debida xustificación.  

Importe de cada ruta:  

Categoría "A": 18 €

Categoría "B": 25 €

Categoría "C": 30 € 

Consideracións xerais: 

  • Para inscribirse en calquera actividade deportiva é necesario estar dado de alta como USUARIO DE DEPORTES da USC para este curso academico (desde setembro de 2011 a agosto de 2012).  
    Máis informacións en: http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/normativas
    Importes:            CAT. A: 0 €            CAT. B: 4 €                 CAT. C : 6 €
  • Inscricións nas Oficinas de Deportes, sitas na Piscina Universitaria ou a través da nosa páxina web.
  • Prazo de inscrición: ata o mércores anterior ao día da rota ou ata acabar as prazas se éstas se esgotan antes.
  • Nº de prazas: mínimo 15. Máximo 45. (Se non se acada o mínimo de persoas procederase a anular a saída e a devolución do seu importe). 
  • SAÍDAS: Tanto as saídas como as chegadas serán diante da Piscina Universitaria (Campus Sur).
  • Os menores deberán ir acompañados dunha persoa maior (pai, nai ou titor) que será en todo momento o seu responsable.

Material necesario:

  • Calzado cómodo e apto para facer sendeirismo.
  • Roupa cómoda e axeitada (roupa de abrigo e de auga, gorra e protector solar)
  • Mochila con comida e auga para o día.
  • Non estaría mal facer uso, tamén, dun bastón de sendeirismo, para axudarnos nas costas.  
Non esquenzades a vosa mochila con comida, auga e todo o que precisedes para a ruta.

 

  • Eventos
  • Novas